Informe técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia 2016

Autor/a
Gómez Amorín
Angel
Autor/a
Álvarez Cortiñas
Manuel
Autor/a
Suárez Luque
Silvia
0,00 €
Sinopse

O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas, coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo, desde o ano 1998. Na nosa comunidade autónoma a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, aínda que a primeira recollida de mostras se realiza na segunda quincena de maio.
As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da temporada se teñen, polo menos, 8 controis, que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño. Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real Decreto 1341/2007, do 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño).
Cos resultados obtidos en cada tempada elabórase o informe técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia.

Ficha técnica

Editorial
Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de Saúde Pública
Santiago de Compostela
Ano de edición
2017
Edición
Lingua/s
Galego
Colección
F:Información de resultados de programas, proxectos ou plans
Volumes
1