Conto ilustrado e elaborado para a campaña '37.000 sorrisos', promovida pola Consellería de Política Social, que ten por obxecto evitar os abusos sexuais a menores en Galicia.
Conto ilustrado e elaborado para a campaña '37.000 sorrisos', promovida pola Consellería de Política Social, que ten por obxecto evitar os abusos sexuais a menores en Galicia.
Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.
A OMS estima que os trastornos mentais atópanse entre as principais causas de carga e discapacidade a nivel mundial e que esta tendencia irá en aumento. Estas estimacións baseáronse en revisións sistemáticas e estudos epidemiolóxicos illados. Con todo, é necesario avanzar cara á avaliación dos trastornos mentais e o seu impacto mediante medidas estandarizadas e válidas que permitan caomparar diferentes países e rexións. Esta obra ten como obxectivo analizar e avaliar a situación da saúde mental en Galicia, e analizar tamén a gravidade dos problemas estudados e a súa repercusión na calidade de vida.
Caderno que acolle, na súa primeira parte, as achegas de medio centenar de autoras e autores que quixeron ser partícipes desta celebración dedicada a Carlos Casares. O volume pousa na cuberta o ex libris de Casares, ao que se acollen as persoas que participan neste volume.
Volume que recolle medio cento de artigos de colaboradores e colaboradoras para homenaxear ao profesor Anxo Tarrío por mor da súa xubilación. Os ensaios abranguen materias como a historiografía literaria galega, a crítica literaria, a teoría da literatura e a literatura comparada, e asínanos investigadores e investigadoras de toda Galicia, do resto de España e doutros enclaves europeos.
O libro incorpora unha ampla cronobiografía do homenaxeado, complementada por material fotográfico.
Catálogo da exposición Camilo José Cela, realizada con motivo do centenario do nacemento do grande creador literario galego. Inaugurada na Biblioteca Nacional polo rei, estivo comisariada polo profesor Adolfo Sotelo, un dos meirandes especialistas na obra de Cela, conforma un retrato poliédrico sobre o Nobel, e amosa a súa actividade non só como novelista, senón como periodista, editor, dramaturgo, actor, pintor ou coleccionista, nun intento de achegarlle ao público visitante a potencia creativa do autor
Textos e adaptacións radiofónicas das obras finalistas do X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico de 2016.
Trátase dun certame xa ben consolidado e seguido, no que cada ano aparecen nomes novos, cunha achega de calidade e de frescura extraordinarias cara a esta forma dramática, canalizada unicamente co soporte da voz e do son.
Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Política Social, coas súas actuacións máis salientables no ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos coma ámbitos de actuación abrangue, agás o primeiro capítulo, no que se analizan temas de carácter máis transversal, como a estrutura orgánica, información demográfica, recursos, publicacións e estatísticas etc.
Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre a concesión ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deben cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.
Catálogo en galego/castelán/inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en color das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.
Publicación que analiza os distintos enfoques que se lles dan ás políticas de xuventude en función das etapas en que se formulan e dos ámbitos en que inciden.
Guía sobre a atención integral que as nenas e os nenos de 0 a 3 anos deben recibir para previr os trastornos do desenvolvemento e para orientar as familias e profesionais con interese nesta materia. Resulta unha ferramenta práctica sobre unha etapa da crianza clave para a súa evolución de cara a idades posteriores e, tamén, de cara a configurar a súa autoestima e a súa seguridade e xerar personalidades máis seguras, máis autónomas e máis sas.