Así, Así?: O bebé é o protagonista da súa vida 0 a 3
Guía sobre a atención integral que as nenas e os nenos de 0 a 3 anos deben recibir para previr os trastornos do desenvolvemento e para orientar as familias e profesionais con interese nesta materia. Resulta unha ferramenta práctica sobre unha etapa da crianza clave para a súa evolución de cara a idades posteriores e, tamén, de cara a configurar a súa autoestima e a súa seguridade e xerar personalidades máis seguras, máis autónomas e máis sas.