Guía da exposición Os catro elementos, con texto acompañado das ilustracións e das pezas expostas con dúas páxinas despregables.
Guía da exposición Os catro elementos, con texto acompañado das ilustracións e das pezas expostas con dúas páxinas despregables.
Guía da exposición Os catro elementos, con texto acompañado das ilustracións e das pezas expostas con dúas páxinas despregables.
Edición bilingüe galego-éuscaro de Nimbos, poemario do escritor Xosé María Díaz Castro, autor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas 2014.
Catálogo da exposición sobre Felipe Criado realizada no Museo de Belas Artes da Coruña.
A mobilidade xuvenil enténdese como a adquisición de novas capacidades adquiridas, tanto a través da formación académica como das prácticas profesionais e do acceso a procesos de educación non formal . Esta publicación recolle a participación da mocidade galega nestes programas de fomento da mobilidade xuvenil: Erasmus+, Campos de Traballo e Galeuropa.
Inventario dos proxectos máis representativos do programa Iniciativa Xove, ideados e levados a cabo pola xuventude de Galicia. Esta escolma realza a importancia do programa no marco da educación non formal.
Panorámica da traxectoria sociolóxica do libro e a lectura na Galicia do Antigo Réxime (séculos XVI ó XIX).
As estratexias discursivas sobre as que se asenta a obra de Diego Santomé están directamente vinculadas aos conceptos de utopía e fracaso, equilibrio e inestabilidade. As súas pezas funcionan como procesos de desocultación dunha realidade que emerxe como fallo das conquistas sociais, cuxas pegadas recupera o artista para reflexionar sobre a posibilidade de reconstruílas.
Esta publicación, con textos de Agar Ledo e Juan Canela, repasa a traxectoria do artista desde finais dos anos noventa. Concédelle unha atención especial á súa produción audiovisual máis recente, en particular ás pezas "Galápago europeo (Emys orbicularis)", 2013-2014, e "Apuntamentos e breve aproximación a Sargadelos, primeira versión", 2014 ambas presentadas por primeira vez na exposición "Peza de esquina e outros espazos en conflito", que acolleu o CGAC no verán e o outono de 2014.
Curculio bassos é o catálogo da primeira exposición monográfica sobre o artista Mark Manders. A través dos textos de Maaike Lauwaert e do comisario da mostra e crítico de arte Javier Hontoria, este libro invita a unha inmersión no universo creativo do artista holandés e conduce os lectores desde o seu estudio en Ronse, Bélxica, até as salas do Centro Galego de Arte Contemporánea. Grazas ao labor deste centro compostelán, durante o verán e o outono de 2014 o público galego puido gozar dunha obra complexa, que xa estivera representada en grandes eventos do mundo da arte, como a Documenta 11 de Kassel (2002) ou a 55ª Bienal de Venecia (2013).
As miñas cousas en observación é, como o seu título indica, unha revisión exhaustiva da traxectoria da artista cántabra Chelo Matesanz (Reinosa, 1964) a través das súas creacións e dun bo número de obxectos que inspiraron o seu traballo desde a década dos noventa até a actualidade.
A miúdo asociada co movemento feminista, a súa obra é coñecida por cuestionar de xeito incansable as certezas comunmente atribuídas á arte de mulleres. Os seus traballos máis recentes caracterízanse pola reinterpretación de elementos da cultura popular galega, aos que dota dun significado novo, a través do filtro dunha mirada aguda e sen prexuízos.
Desde as súas primeiras obras de corte conceptual, realizadas a comezos da década dos setenta, o arxentino Víctor Grippo construíu unha persoal poética do cotián, na cal os materiais orgánicos, as ferramentas e os utensilios domésticos conviven cos métodos e instrumentos da ciencia.
En 2013 o Centro Galego de Arte Contemporánea organizou a primeira gran retrospectiva europea deste artista, cuxo traballo, transcorrida xa máis dunha década desde o seu falecemento, segue a sorprendernos pola súa sinxeleza e a súa profunda actualidade.
O catálogo da exposición propón un achegamento á obra de Víctor Grippo desde catro perspectivas diferentes e complementarias: a da comisaria da mostra, Alicia Chillida; a do crítico e historiador da arte británico, especializado na arte de América Latina, Guy Brett; a da historiadora da arte arxentina María Casanegra, e por último, a do científico e estudoso da obra de Grippo Dante Isidoro Poletto.
Tradución do checo para o galego da novela de Alois Jirasek, a cargo de Katĕrina Vlasáková. Recrea a viaxe por Europa do barón Lev z Rožmitálu a Blatné e mais da súa comitiva durante os anos 1465-1467, que incluíu unha visita a Santiago de Compostela para continuar despois ata Fisterra, daquela a fin do mundo.