Publicación conmemorativa da adquisición por parte da Cidade da Cultura da Cultura do mural que Luis Seoane deseñou para a Fábrica de Porcelana da Magdalena en Bos Aires.
Publicación conmemorativa da adquisición por parte da Cidade da Cultura da Cultura do mural que Luis Seoane deseñou para a Fábrica de Porcelana da Magdalena en Bos Aires.
Catálogo da exposición Camiño (A orixe), con textos dos membros do comité asesor, máis 7 textos de estudo sobre temas relacionados co Camiño e 150 imaxes correspondentes ás obras expostas.
Catálogo da exposición Camiño (A orixe), con textos dos membros do comité asesor, máis 7 textos de estudo sobre temas relacionados co Camiño e 150 imaxes correspondentes ás obras expostas.
Catálogo da exposición Valor e mestría. Galicia como fútbol, na cal se propón como liña argumental os fitos históricos do fútbol en Galicia facendo un percorrido cronolóxico desde finais do século XIX até a actualidade, que se inicia cos primeiros éxitos do Vigo e o Fortuna na Copa de España e conclúe cos triunfos internacionais recentes dos xogadores galegos.
Catálogo da exposición "Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia", que mostra un percorrido pola historia da artesanía galega desde a prehistoria ata os nosos días.
Catálogo da exposición "Auga doce. Agua dulce", con textos do comité científico da exposición, texto de Gabriel García Márquez e texto introductorio descritivo da exposición. Selección de 220 imaxes de obras da exposición.
Catálogo da exposición "Castelao maxistral", que ten como eixo o cadro de Castelao "A derradeira leición do mestre". Nos contidos inclúense os debuxos de Castelao relacionados coa escola e educación e a situación das escolas en Galicia no primeiro terzo do século XX.
Catálogo da exposición "Galicia universal. Arte galega nas coleccións Abanca e Afundación".
Catálogo da exposición Flor Novoneyra, na que se representa o diálogo entre a obra de Antón Lamazares e a poesía de Uxío Novoneyra a través de 160 pezas de Lamazares, inspiradas nos versos do poeta.
Primeira monografía editada en español sobre a artista escocesa Susan Philipsz. Con motivo da súa exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea presentamos unha compilación das súas obras relacionadas cos temas da ausencia, a perda e a morriña. Os textos reunidos nesta edición fan dela unha ferramenta fundamental para comprender a traxectoria da artista, así como as últimas tendencias en experimentación sonora en formatos de exposición.
Este libro inaugura a colección CGAC_Ensaio, un dispositivo editorial concibido polo CGAC para promover e difundir a escrita sobre arte e cultura contemporánea.
Rosendo Cid (Ourense, 1974) é o autor desta divertida reflexión acerca da práctica artística contemporánea titulada "A arte está feita dunha materia incerta e fragmentaria". Os membros do xurado do I Premio CGAC de Investigación e Ensaio, con que resultou galardoado en 2019, valoraron especialmente a orixinalidade do enfoque e a calidade literaria dun texto marcado polo humor e a ironía, dúas estratexias moi presentes na obra plástica do artista ourensán.
En novembro de 1970 o artista arxentino David Lamelas editou por primeira vez Publication, un libriño sen ilustracións con textos de Keith Arnatt, Robert Barry, Stanley Brouwn, Daniel Buren, Victor Burgin, Michel Claura, Gilbert & George, John Latham, Lucy R. Lippard, Martin Maloney, Barbara M. Reise, Lawrence Weiner. O libro recolle as reaccións destes artistas e críticos de arte a tres afirmacións formuladas por Lamelas arredor dunha cuestión central da arte conceptual: a relación existente entre arte e linguaxe. A peza, que se presentou por primeira vez na galería Nigel Greenwood Inc. Ltd. de Londres, poderá verse na exposición individual de David Lamelas no CGAC en 2021. Como novidade, a edición do CGAC inclúe un debuxo a cor de Marcel Broodthaers que non fora reproducido en ningunha das edicións e reimpresións anteriores da obra.