Catálogo

Amosando 1357 - 1368 de 2048
0,00 €

Información en liña verbo das principais medidas preventivas nos traballos con fitosanitarios: o seu rexistro, a etiqueta, a ficha de datos de seguridade, o traballo con fitosanitarios, a capacitación de profesionais, os equipos de protección individual, a inspección de equipos de aplicación e lexislación aplicable.

0,00 €

A obesidade está considerada como a epidemia do século XXI; trátase dunha das enfermidades crónicas non transmisibles ás que cómpre prestarlles especial atención, por ser causa de mortaldade precoz.
A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, a través do Programa Galego de Actividades Saudables, Exercicio e Alimentación, na súa procura de modificar os patróns alimentarios e de actividade física na poboación infantil, redactou o documento técnico do Plan para a Prevención da Obesidade Infantil en Galicia, "Plan Xermola".
Entre as actividades divulgativas do Plan contemplouse o deseño de carteis, co obxectivo de promocionar estilos de vida saudables nas consultas de medicina xeral dos centros de saúde.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións maís salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE).

O estudo do mercado laboral de Galicia, elaborado polo Observatorio Ocupacional do Instituto Galego das Cualificacións, pretende servir de instrumento eficaz dirixido ao servizo público de emprego e ás institucións e profesionais que desenvolven as súas actividades no ámbito laboral da orientación e a formación profesional. Tamén pretende dar a coñecer de forma pormenorizada a estrutura do mercado laboral da Comunidade Autónoma; proporciona para este obxectivo unha información detallada das principais variables que determinan e condicionan o funcionamento do mercado galego.

O manual ten como principal obxectivo favorecer a práctica ergonómica preventiva no sector da dependencia e do coidado dos maiores. Resulta tamén unha importante ferramenta para os profesionais de cara á formación e apoio ás persoas coidadoras no ámbito familiar.