Énchete de saúde cos alimentos!: Aquí atoparás moitos alimentos con ingredientes que che axudarán a manter un axeitado funcionamento dos seguintes órganos e sistemas.

0,00 €
Sinopse

A obesidade está considerada como a epidemia do século XXI; trátase dunha das enfermidades crónicas non transmisibles ás que cómpre prestarlles especial atención, por ser causa de mortaldade precoz.
A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, a través do Programa Galego de Actividades Saudables, Exercicio e Alimentación, na súa procura de modificar os patróns alimentarios e de actividade física na poboación infantil, redactou o documento técnico do Plan para a Prevención da Obesidade Infantil en Galicia, "Plan Xermola".
Entre as actividades divulgativas do Plan contemplouse o deseño de carteis, co obxectivo de promocionar estilos de vida saudables nas consultas de medicina xeral dos centros de saúde.

Ficha técnica

Editorial
Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
Santiago de Compostela
Ano de edición
2015
Edición
Lingua/s
Galego
Colección
Información divulgativa
Ilustracións
cor
Volumes
1