DVD explicativo dos riscos e medidas preventivas que hai que ter en conta na actividade do cultivo e recollida do mexillón.
DVD explicativo dos riscos e medidas preventivas que hai que ter en conta na actividade do cultivo e recollida do mexillón.
DVD explicativo dos riscos e medidas preventivas que hai que ter en conta na actividade de colleita de recursos específicos en mergullo.
Folleto con 21 carteis que nos recuerdas as boas prácticas en distintos ámbitos do sector da pesca.
Folleto en castelán recordatorio das boas prácticas na prevención de riscos laborais na extracción de recursos específicos na pesca.
Esta guía, froito do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente insírese como unha das actuacións de desenvolvemento do Programa Galicia inviste no rural.
Nela danse unhas pautas básicas para a prevención e mellora do traballo diario das persoas que traballan no marisqueo a pé co fin de mellorar a súa saúde e garantir o seu benestar.
Manual do alumno correspondente a un taller de prevención de danos musculoesqueléticos dirixido a traballadoras do mar. Estrutúrase en 9 bloques de contidos con exercicios.
Este manual pretende dar resposta á necesidade de ter unha ferramenta escrita que apoie a formación na prevención de danos músculoesqueléticos para as traballadoras do mar.
Está dividido en 9 grandes bloques:
Os dous primeiros explican dunha forma moi breve o que significa a prevención de riscos e como a ciencia da ergonomía pode aplicarse ao traballo diario.
Nos seguintes sete bloques explícanse unha serie de exercicios que se asocian ao grupo muscular que pode estar danado.
Folleto que acompaña ao xornal de La Voz de Galicia sobre boas prácticas na prevención de riscos laborais na extracción de recursos específicos na pesca.
Traballo divulgativo que ao longo das súas páxinas nos achega o estudo integral das rías de Ribadeo, Foz, Viveiro, O Barqueiro e Ortigueira realizado polos investigadores Grupo Rías Altas.
Descrición da orixe e desenvolvemento dos cultivos multitróficos nos países de tradición pesqueira. Explicación divulgativa dos comentarios dos contidos do programa JACUMAR relativo á acuicultura multitrófica e das experiencias realizadas en Galicia nesa materia. Testemuñas e reflexións.
Memoria anual de actividades do Centro de Investigacións Mariñas.
Memoria anual de actividades do Centro de Investigacións.