Realización dunha análise de sangue: Vídeos de accesibilidade cognitiva para persoas refuxiadas solicitantes e beneficiarias de protección internacionalDatos
Sinopse
Un dos problemas máis frecuentes que atopa o colectivo dos refuxiados no sistema sanitario é o problema de comunicación provocado polo descoñecemento do idioma.
Por isto, un dos itinerarios formativos do Programa de mellora da asistencia sanitaria ás persoas refuxiadas, solicitantes e beneficiarias de protección internacional ten o obxectivo de facilitar o acceso e o coñecemento do sistema sanitario a estas persoas mediante ferramentas formativas relacionadas co desenvolvemento dalgunhas técnicas de diagnóstico, consultas de especialistas etc.
Os vídeos de accesibilidade cognitiva permiten salvar a barreira idiomática para que estas persoas poidan comprender, de modo sinxelo, os pasos que se seguen en diferentes situacións da atención sanitaria.

