Guía de axuda para programar os menús escolares

Material textualGuía de axuda para programar os menús escolares

Datos

Edita: Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, 2014
Edición: 
Lingua: 
Colección: 
D: Guías, manuais, protocolos, procesos, procedementos, instrucións e normativa
26
Guía

Sinopse

A escola considérase unha área estratéxica clave para fomentar e consolidar habilidades en todos os ámbitos do desenvolvemento e do autocoidado da saúde, se se orienta o alumnado cara a acadar hábitos saudables desde etapas precoces da vida. Considerouse necesaria a elaboración desta guía, cuxo obxectivo é contribuír a mellorar a calidade nutricional dos menús escolares ofertados nos centros educativos. Pretende ser un instrumento de apoio para os responsables do menú escolar. Nela menciónanse consellos, suxestións prácticas, ideas e fotografías de pratos, racións e menús completos para dirixir a oferta alimentaria do menú cara a programacións cunha calidade nutricional óptima, de acordo coas recomendacións actuais das sociedades científicas para a alimentación nestas etapas da vida.

Comparte