Catálogo

Amosando 2761 - 2772 de 2811

O anuario do ano 2007 achega algunhas novidades con respecto aos anos anteriores, novas estatísticas do subsector forestal, nova información relativa aos prezos do leite e exclúese o capítulo de climatoloxía, que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica anualmente no seu anuario.

Esta publicación utilizou a información procedente das operacións estatísticas do Plan galego de estatística 2002-2006, complementada coas realizadas en convenio co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e cos datos doutras fontes (EUROSTAT e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas).

18,00 €

Esta publicación consiste na difusión dos resultados das enquisas feitas a todos os buques que tivesen porto base en Galicia. Diferenciouse entre a frota de baixura, a frota de altura e a frota de gran altura. As necesidade de contar con información suficiente sobre outros sectores produtivos relacionados cos recursos mariños levou a que, adicionalmente se trasladáse a experiencia adquirida aos establecementos que realizasen cultivos mariños nas augas desta comunidade.

Temáticas
12,00 €

Esta publicación, ademais de incluír unha relación das feiras que se celebraban, das que se posúen coñecemento, xunto cun calendario dos eventos festivos que teñen lugar mes a mes, achega datos sobre a agroindustria e información turística da provincia de Lugo. Resulta un cóctel entre a historia, a actividade agroalimentaria e a cultura en xeral, con dous aspectos importantes como son a arte e a gastronomía.

31,25 €
Autor/a
Quiroga Calviño
José Ramón
Coautor/a
Casares Gallego
Amparo
Coautor/a
Míguez Suárez
Victor Luis
Tradutor/a
Franco González
Susana
Lingua/s
Castelán
Galego

Panorámica completa respecto dos recursos minerais sólidos cos que conta Galicia. Abrangue desde a paisaxe e a arquitectura ata a comercialización e usos.

30,00 €
Lingua/s
Portugués

Libro promocional do Xacobeo 2004 no que se fai unha pequena aproximación á figura de Santiago o Maior. Comeza por amosarnos quen é o apóstolo, para continuar coa pegada do culto xacobeo en terras de Europa, España e Portugal, e culmina cunha análise de Compostela e da súa catedral. Todo iso a través de textos de autores xa clásicos dentro do mundo xacobeo como Vicente Almazán, Robert Plötz, etc.

15,00 €

Publicación que recompila as Actas do Congreso O Camiño de Santiago para o século XXI. O Camiño Portugués, celebrado en Pontevedra os días 22, 23, 24 e 28 de marzo de 2007, no que participaron persoas expertas nesta ruta, profesorado universitario, responsables de asociacións de amigos do Camiño e representantes públicos e privados relacionados con esta vía en Portugal.

21,13 €

Publicación que recompila as Actas do Congreso O Camiño de Santiago para o século XXI. O Camiño do Sueste-Vía da Prata, celebrado en Ourense os días 24, 25, 26 e 29 de abril de 2008, no que participaron amigos do Camiño, representantes das Administracións públicas con vinculación especial coa Vía da Prata, persoas expertas nos dous itinerarios, profesorado universitario, etc.