Catálogo

Amosando 1381 - 1392 de 2814
15,00 €
Autor/a
Labraña
Carlos
Lingua/s
Galego

Obra coeditada pola AGADIC e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co IX premio Manuel María de literatura dramática edición 2016.
O valo, de Carlos Labraña, narra o encontro entre unha nena que foxe da guerra, Sahara, e un rapaz soldado, gardián devoto de fronteiras móbiles. Con diálogos coidados, unha estrutura dramática ben armada e un minucioso coidado da lingua, presenta unha riqueza salientable que lle outorga o carácter sobresaínte como peza teatral. A través de Sahara chégannos fragancias do deserto, arrolos de sonoridade exótica e historias de estrelas que quencen as noites frías entre dunas sen fin. Do outro lado do valo, un soldadiño con corazón de chumbo que é quen de escoitar a quen amosa outra face dos acontecementos. Cunha harmoniosa mestura de inxenuidade e denuncia, a peza ofrece ao público miúdo a oportunidade de pensar que o mundo pode ser diferente. Un mundo onde non existen persoas ilegais, senón persoas ilegalizadas. O valo representa a esperanza que é precisa para transformar a realidade.

Catálogo da exposición Agion Oros. Peregrinación ao Monte Athos. Fotografías de Fernando Moleres, que recolle imaxes deste fotógrafo sobre o patrimonio monumental e paisaxístico do Monte Athos, principal centro cultural da Igrexa ortodoxa. A exposición estará visitable entre o día 7 de xullo e o 15 de outubro de 2017 na sala de exposicións temporais do Museo das Peregrinacións e de Santiago.

16,00 €
Autor/a
Lourenzo
Manuel
Lingua/s
Galego

Obra coeditada pola AGADIC e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co XXIII premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais edición 2016.
Suite Artabria, de Manuel Lourenzo, é un conxunto de tres pezas ("Orzán", "O fulgor das atochas" e "Alerta na rúa do Pozo") con elementos comúns, concibidas, segundo o xurado do premio, "como un roteiro por algún dos espazos máis representativos da Coruña": O Orzán, As Atochas e A Falperra. Trátase dun paseo pola intimidade escura e visceral dunha cidade amada polo autor, a través de tres barrios nos que se desenvolve cadansúa historia criminal, tecida en ambientes marxinais e con personaxes da realidade actual: perdedores, buscavidas, amargados, especuladores e corruptos que se enfrontan a situación límite. A tonalidade da obra introdúcenos nunha atmosfera abafante que emprega unha linguaxe directa e, por momentos, poética, moi axeitada para expresar a deriva destes seres tristes e ao tempo dispostos a todo para garantir a súa supervivencia.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

Número oito da revista científica multilingüe Ad Limina, de carácter interdisciplinar e internacional, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.

A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro (LORPM) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras e establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseado no superior interese da persoa menor, perseguen a integración e a reinserción social dos menores que delinquen. Esta memoria recolle os datos estatísticos de execución relativos ao ano 2016 e preséntase dividida en catro bloques: medidas notificadas, medidas en execución, medidas pendentes de execución e datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

Autor/a
Mateos Alvarez
Raimundo
Autor/a
Gomez Beneyto
Manuel
Lingua/s
Castelán

A OMS estima que os trastornos mentais atópanse entre as principais causas de carga e discapacidade a nivel mundial e que esta tendencia irá en aumento. Estas estimacións baseáronse en revisións sistemáticas e estudos epidemiolóxicos illados. Con todo, é necesario avanzar cara á avaliación dos trastornos mentais e o seu impacto mediante medidas estandarizadas e válidas que permitan caomparar diferentes países e rexións. Esta obra ten como obxectivo analizar e avaliar a situación da saúde mental en Galicia, e analizar tamén a gravidade dos problemas estudados e a súa repercusión na calidade de vida.