Catálogo

Amosando 1 - 12 de 2073

O Plan de acción para o fortalecemento da humanización na asistencia sanitaria da Área Sanitaria de Vigo é unha iniciativa do Servizo Galego de Saúde para consolidar unha atención centrada nas persoas. Foi elaborado por 69 profesionais e recolle 25 accións estruturadas en catro eixes: relación entre as persoas, procesos asistenciais centrados no/na paciente, espazos e servizos de apoio e integración coa sociedade. O plan busca mellorar a comunicación, formar os profesionais en habilidades humanizadoras, avaliar a satisfacción de pacientes e persoal e adaptar os espazos para facelos máis acolledores. En conxunto, pretende consolidar unha cultura baseada no respecto, a empatía e a dignidade para facer da Área Sanitaria de Vigo un referente en atención sanitaria humanizada.

Monografía dedicada á estatística descritiva da sinistralidade laboral en Galicia correspondente ao ano 2025, de acordo co tratamento estatístico dos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais, notificados á autoridade laboral de Galicia e tramitados e procesados polo Issga como órgano técnico en prevención de riscos laborais.

Autor/a
Veiga González
Marta
Autor/a
Pereda Ríos
Ana
Autor/a
Ocón Moraleda
Emilia María
Autor/a
Rodríguez Pérez
Digna
Autor/a
García García
Mariana
Autor/a
Pérez Suárez
Luís
Lingua/s
Galego

A guía técnica de reprodución humana asistida do Servizo Galego de Saúde recolle os procedementos de diagnóstico e tratamento dos problemas de esterilidade e a aplicación de técnicas de reprodución humana asistida. Os seus obxectivos son: axudar os profesionais na toma de decisións, reducir a variabilidade na práctica clínica, facilitar o acceso ás técnicas de RHA, fomentar a equidade, aumentar o grao de satisfacción dos usuarios, aumentar a taxa de bebés sans.  

Monográfico cara a unha estratexia galega para a lonxevidade. Os cinco capítulos deste monográfico coinciden nun diagnóstico común: Galicia non pode limitarse a xestionar o avellentamento, debe liderar a construción dunha sociedade lonxeva, cohesionada, equitativa e innovadora.

Autor/a
Blanco Vázquez
Olga Patricia
Autor/a
Rey Tristán
Mª Jesús
Autor/a
López Linares
Sofía
Colaborador/a
Conde Amboage
Mercedes
Lingua/s
Galego

Análise de baixas agardadas e facultativos especialistas que finalizan a súa formación no Servizo Galego de Saúde durante o período 2026-2038.

Autor/a
Vázquez Rivera
Mª Francisca
Autor/a
García Lavandeira
José A.
Lingua/s
Castelán

Dentro da acción conxunta EUnetCCC Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde, está a iniciar o proceso de acreditación como Comprehensive Cancer Centre (CCC) ou Centro Integral de Coidado do Cancro. Dentro deste proceso de organización dos estándares de certificación deseñouse este documento que recolle todos os indicadores da dimensión de Coidados.

Autor/a
Vázquez Rivera
Mª Francisca
Autor/a
García Lavandeira
José A.
Lingua/s
Galego

Dentro da acción conxunta EUnetCCC Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde, está a iniciar o proceso de acreditación como Comprehensive Cancer Centre (CCC) ou Centro Integral de Coidado do Cancro. Dentro deste proceso de organización dos estándares de certificación deseñouse este documento que recolle todos os indicadores da dimensión de Coidados.