Catálogo

Amosando 73 - 84 de 2833
19,00 €

Catálogo con fotografías que compoñen o Gabinete Fotográfico de Constantino Rodríguez Gutiérrez, un fondo que custodia o AHP de Lugo desde 2002. Constantino Rodríguez Gutiérrez (1875-1947) formouse na Sociedad Electro-Fotográfica de Xixón e estableceuse en Lugo nos anos finais do S. XIX; traballou ata o seu pasamento. O fondo do gabinete chega ao arquivo tras o depósito de 357 placas fotográficas, maioritariamente en vidro, poucas en acetato, realizado polo seu neto Constantino Romero Ramos. Con posterioridade, o tío deste, Ángel Rodríguez López, engade ao depósito 50 placas máis, principalmente retratos dunha gran calidade artística que achega ao conxunto un alto valor testemuñal e o confire como un instrumento de traballo para o estudo e a investigación da fotografía en Lugo e Galicia.
O catálogo reproduce a totalidade das imaxes do fondo, servirá ademais de elemento de difusión deste, de instrumento de descrición para uso no centro ou a distancia.

35,00 €
Autor/a
Valcárcel
Manuel
Lingua/s
Castelán
Galego
Inglés

Trátase do catálogo dunha exposición que, acompañado de varios textos, recolle as fotografías da mostra, xunto con outras non expostas, que ilustra o maior encontro relixioso do mundo. Este ano celebrouse o Maha Kumbh Mela (o gran Kumbh Mela) e Manuel Valcárcel recolleu un suceso que non acontecía desde 1881 e que tardará 144 anos en se repetir.

Temáticas

Este volume reúne, desde unha perspectiva interdisciplinaria, unha selección de traballos vencellados a proxectos predoutorais actualmente en desenvolvemento, ao coidado de novas investigadoras e investigadores. O eixo temático común é o estudo das diversas tipoloxías e modalidades de expresión da relixiosidade na Galicia medieval. A análise inédita de fontes literarias (lírica trobadoresca, literatura científica, Liber Sancti Iacobi), documentais (legados testamentarios) e artísticas (patrimonio monástico, escultura funeraria, arte románica) permite abordar a complexidade das prácticas relixiosas e a súa representación cultural no contexto histórico galego.

Autor/a
Calvo Santalla
Carmen
Autor/a
Guerra Pestonit
Bibiana
Autor/a
Gómez Gómez
Verónica
Lingua/s
Galego

Agroexprés preséntanos novos artigos dos centros de investigación, pero neste número anuncian dous cambios importantes para o ano 2026: abandonar a impresión en papel e presentar os resumos clasificados por temáticas. Estas novidades permitirán chegar a máis lectores, optimizar os recursos e facelos máis sustentables.

Autor/a
Combo García
Ramiro Anxo
Lingua/s
Galego

Edición do número 35 de revísta Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve, ademais, para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.

 

 

Autor/a
Santos Guerra
Fernando
Autor/a
López Pérez
Luís Ricardo
Autor/a
Quiles del Río
Javier
Lingua/s
Castelán

A telemonitorización de pacientes constitúe un alicerce esencial dentro dos novos modelos de atención sanitaria, ao permitir o seguimento continuo de pacientes fóra da contorna hospitalaria mediante dispositivos conectados e sistemas de comunicación dixitais.

21,00 €
Entidade
Arquivo de Galicia
Lingua/s
Galego

Educando a mirada. Leccións de arte e deseño é o título da exposición obxecto deste catálogo e que o Arquivo de Galicia organizou para celebrar o Día Internacional dos Arquivos neste ano 2025. Nela exhíbese un conxunto de documentos procedentes da Escola de Debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos do País e da Escola de Artes e Oficios desta mesma cidade que ilustran sobre a historia da formación artística en Galicia. Como complemento do catálogo, tres artigos da autoría de recoñecidos e recoñecidas profesionais proporcionan unha interesante información que axuda a contextualizar a exposición, achegando unha visión xeral da evolución dos métodos de aprendizaxe e da propia historia das escolas.


 

 

Temáticas

Boletín divulgativo en formato PDF aloxado na web Xanela aberta https://vida-saudable.sergas.gal/
Neste boletín inclúese información sobre temas de actualidade relacionados coa promoción da saúde, unha receita de tempada e a axenda de actividades realizadas nas áreas sanitarias.

Boletín divulgativo en formato PDF aloxado na web Xanela aberta https://vida-saudable.sergas.gal/
Neste boletín inclúese información sobre temas de actualidade relacionados coa promoción da saúde, unha receita de tempada e a axenda de actividades realizadas nas áreas sanitarias.

25,00 €

O catálogo recolle os contidos da exposición temporal A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo. Isaac Díaz Pardo realizou dúas grandes obras en distintas épocas sobre o relato mitolóxico da nave do barqueiro do inframundo. O tema, que insinúa a viaxe do pobo galego cara ao seu destino, evoca aquí o propio percorrido creativo do artista, que vai desde as artes plásticas ao deseño industrial. O catálogo articúlase en cinco seccións e con elas preténdese amosar esa traxectoria, desde a súa primeira etapa pictórica ata a derradeira, deseñística e industrial, pasando pola etapa de transición plástica e a do estudo e posta en práctica dos sinais que transmite a tradición e a memoria, coa creación do Laboratorio de Formas de Galicia e os seus proxectos. O catálogo inclúe textos de María Victoria Carballo-Calero Ramos, Juan Manuel Bonet Planes, Xosé Luis Axeitos, Ruy Farías Iglesias, Inmaculada Real López, Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Río Vázquez.

Temáticas
45,00 €
Autor/a
Castiñeiras González
Manuel Antonio
Lingua/s
Castelán
Galego
Inglés

Segunda edición, corrixida e aumentada, deste libro que sintetiza nas súas páxinas a historia das peregrinacións xacobeas, desde a súa orixe ata a actualidade, destacando o carácter esencial do fenómeno xacobeo para a identidade de Occidente; ofrécenos tamén unha visión de conxunto do Primeiro Itinerario Cultural Europeo, cunha referencia sucinta á rede dos camiños xacobeos en Europa; continúa coa visión do fenómeno no ámbito peninsular, para rematar cun estudo polo miúdo dos camiños de Santiago en Galicia. O libro ilústrase con abundantes fotografías que serven de apoio ao contido puramente textual.

Número dezaseis da revista científica “Ad limina”, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigacións sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión trátase dun número monográfico titulado “Imaxinando o Camiño de Santiago: itinerarios, narracións, mitos”. A revista publica, desde 2025, dous números monográficos ao ano, cada un coa súa parte monográfica e xeral (desde 2010 ata 2024 editouse un número ao ano).