Catálogo

Amosando 745 - 756 de 1004

O manual de acollida da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pretende achegar os novos traballadores da Fundación aos aspectos máis importantes desta, organigrama, estrutura, carteira de servizos, áreas, dereitos e deberes dos usuarios, aplicacións informáticas, directorio, etc.

A presente obra responde ao cumprimento dunha das funcións da Comisión Galega de Bioética, fomentar a formación dos profesionais do ábito sanitario en materia de Bioética, nela se recolle, respectando a lingua na que foron escritos os relatorios, as distintas actividades que conformaron o pasado día 24 de outubro unha xornada de traballo baixo o lema, a confidencialidade, desde a bioética, é mais que unha obriga e un dereito no Sistema Público de Saúde de Galicia.

Coa orientación de satisfacer as necesidades e expectativas dos usuarios, desenvólvese un proceso asistencial integrado que concreta, de maneira clara e precisa, a sistemática de atención aso pacientes, coordinando os distintos profesionais implicados en todos os niveis asistenciais, para minimizar os tempos de espera, facilitar a continuidade asistencial e basear a práctica clínica na mellor evidencia científica dispoñible na actualidade. Deséñanse solucións que veñen garantir a continuidade asistencial entre os centros de saúde e os hospitais, dentro deste modelo de xestión integrada, partindo da perspectiva de que a axilización dos circuítos e a reorganización dos procesos non só mellorarán a accesibilidade aos recursos sanitarios, senón tamén a calidade asistencial aos pacientes.

Coñecer a seguridade e efectividade dos stent BVS (Bioresirbable Vascular Scaffold) con elución de everolimus no tratamento da cardiopatía isquémica debido a lesións de novo en arterias coronarias nativas.

Intrución que reflicte os obxectivos a acadar nesta campaña 2013, así como os aspectos técnicos relacionados coas vacinas antigripal e antipneumocócica que se van utilizar. Recolle tamén aspectos relacionados coa xestión da campaña desde a petición, distribución e rexistro das doses utilizadas na campaña. Vai dirixida a todos os profesionais sanitarios dos puntos de vacinación (públicos e privados) que participan nesta campaña antigripal e antipneumocócica 2013.

Obxectivo da Comisión Galega de Bioética é velar polos dereitos fundamentais no ámbito sanitario galego, fomentar e impulsar o seu cumprimentos, unha das liñas estratéxicas do Sistema Público de Salud de Galicia. A obriga de respectar o dereito á intimidade e á confidencialidade das persoas usuarias do Sistema é un compromiso institucional plenamente integrado co deber individual, ético e legal de todos os profesionais. A obra que se presenta, "Intimidad y confidencialidad, obligación legal y compromiso ético", da resposta a estas premisas e, ao tempo, a extender os aspectos éticos na actividade asistencial cotidiana e contribuir, así, o cambio de cultura na nosa organización respecto ós dereitos sanitarios.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 edita a súa memoria de actividade do ano 2012, na que se inclúen os seguintes apartados, limiar, identificación do centro, contorno, estrutura e organización, recursos globais, actividade global, centro de formación en medicina de urxencias, emerxencias e catástrofes de Galicia, área de calidade, gabinete de prensa, servizo de tecnología e sistemas da información e servizo de atención ao usuario.

Obxectivo da Comisión Galega de Bioética é velar polos dereitos fundamentais no ámbito sanitario galego, fomentar e impulsar o seu cumprimento, unha das liñas estratéxicas do Sistema Público de Saúde de Galicia. A obriga de respectar o dereito á intimidade e á confidencialidade das persoas usuarias do sistema é un compromiso institucional plenamente integrado co deber individual, ético e legal de todos os profesionais. A obra que se presenta, "Intimidade e confidencialidade, obriga legal e compromiso ético", da resposta a estas premisas e, ao tempo, a espallar os aspectos éticos na actividade asistencial cotiá e contribuir, así ao cambio de cultura na nosa organización respecto aos dereitos sanitarios.

O obxectivo do presente informe é analizar a seguridade, efectividade e eficacia do implante transcatéter por vía percutánea ou transapical de próteses biolóxicas de válvulas aórticas no tratamento da estenosis aórtica grave sintomática.

O Programa de vixilancia sanitaria das xonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, desde o ano 1988. Na nosa Comunidade Autónoma a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, se ben a primeira recollida de mostras realízase na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final de tempada téñense 8 controis que son os necesarios para clasificar sanitariamente as zonas de baño. Os parámtetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real decreto 1841/2004, de 11 de octubre, sobre la gestión de la calidad de las aguas de baño). Cos resultados obtidos en cada tempada elabórase o Informe Técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia. A publicación é en formato electrónico. Nesta diferéncianse dous apartados, o informe e os anexos. No anexo II móstrase unha ficha de cada zona de baño incluída no programa no que se poden consultar os datos da calidade microbiolóxica das augas das zonas de baño, a estatística microbiolóxica de cada punto de mostraxe e a clasificación sanitaria final de cada unha.