Catálogo

Amosando 733 - 744 de 1004

O obxectivo da publicación é a elaboración de indicadores de calidade, baseados na evidencia científica dispoñible e a opinión dos expertos, para o implante transcatéter de prótese valvular aórtica no tratamento da estenose aórtica grave sintomática.

A enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) é unha das enfermidades máis prevalentes no noso medio e constitúe un importante problema sanitario, tanto asistencial como de saúde pública e económico na sociedade. Coa elaboración deste proceso asistencia integrado para a EPOC, pretendemos a abordaxe integral da enfermidade, coa participación de todos os estamentos asistenciais impoicados nesta enfermidade, en forma de coidados compartidos, de cara a lles ofrecer aos pacientes un acceso e tratamento asistencia completo, que garanta a continuidade asistencia e a máxima calidade posible dentro de sistema sanitario de Comunidade Autónoma de Galicia

A enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) é unha das enfermidades máis prevalentes no noso medio e constitúe un importante problema sanitario, tanto asistencial como de saúde pública e económico na nosa sociedade. Coa elaboración dos itinerarios asistenciais no proceso asistencial integrado da enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) preténdese aplicar a metodoloxía de procesos ao manexo da EPOC para axudar a diminuir a variabilidade na súa abordaxe, ao establecer a secuencia que segue o paciente dende a entrada no proceso e ao longo da enfermidade.

Esta guía de bolsillo está baseada no precemento de descentralización do TAO AVK da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela (XXIS). É un reflexo fiel da asistencia que se presta na mesma ós doentes con TAO AVK e pretende ofrecer á enfermería información útil e facilmente accesible para poder prestar coidados de calidade ao paciente con TAO AVK. A guía aborda a fisiología da coagulación, os anticoagulantes para usos clínico, o tratamento anticoagulante oral con fármacos antivitamina K, as causas que modifican o INR, os efectos adversos, o proceso de atención de enfermería, a educación sanitaria, o autocontrol do tratamento e por último os controis de calidade.

Avaliar a efectividade da radioterapia intraoperatoria como tratamento adyuvante ou sustituto do actual tratamento estándar no cáncer de mama en termos de recurrencia, supervivencia, resultados cosméticos e impacto sobre a calidade de vida. Determinar a seguridade do dito procedemento en termos de toxicidade aguda e tardía.

Avaliar a efectividade e seguridade da radiociruxía estereotáxica con aceleradores lineais para o tratamento de doentes con neuralxia de trixémino que son refractarios aos fármacos, a pesares de utilizar doses axeitadas, ou non toleran o tratamento médico debido aos efectos adversos.

A estenosis aórtica representa un importante problema de súde no mundo. É a valvulopatía máis frecuente e afecta ao 2% da poboación maior de 65 anos. O recambio valvular aórtico mediante prótesis sin sutura plantéxase como tratamento alternativo ao reducir notablemente o tempo de clampaje e bypass cardiopulmonar (BCP). O principal obxectivo é evaluar a efectividade, seguridade e impacto económico do recambio valvular aórtico mediante prótesis sen suturas. 1) avaliar o balance benefico risco en comparación co reemplazo quirúrxico convencional, 2) avaliar o balance beneficio risco respecto á implantación de válvulas transcatéter (TAVI).

O informe describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal, obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, estructura organizativa e procedementos. Así como os resultados do mesmo no período 2012.

Memoria da actividade desenvolvida por Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios durante o ano 2012, que inclúe actividade asistencial, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, participación en actividades de eficiencia enerxética e xestión do servizo de cita previa telefónica "Saúde en Liña", así como datos de recursos humanos, actividade científica, estrutura organizativa e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.

O obxectivo do presente informe é elaborar indicadores de calidade para a avaliación do tratamento quirúrxico da HBP mediante láser baseados na evidencia científica e no consenso de expertos. Este informe ten características especiais na edición xa que responde ós requisitos do Plan de Calidade para o SNS 2010, aprobado no Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data 29 de xuño de 2010.