Catálogo

Amosando 325 - 336 de 512
0,00 €

O sector pesqueiro continúa sendo un dos primeiros axentes da economía galega. Non obstante, de todas as actividades laborais consideradas de alto risco, o traballo do mar é o que ten un índice de accidentalidade máis alto. Por iso, é importante desenvolver o traballo de maneira eficiente e ao mesmo tempo evitar, na medida do posible, os seus perigos a través das medidas preventivas deste DVD

Traballo de investigación, froito da colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Traballo e Benestar, que se converte nun referente para todas aquelas persoas que queiran coñecer a realidade actual do cooperativismo galego e a súa máis recente evolución a partir do Libro branco do cooperativismo en Galicia.

Publicación de periodicidade anual dedicada á estatística descritiva da sinistralidade laboral en Galicia. Elabórase coa información obtida dos partes de accidentes de traballo e enfermidades profesionais notificados á autoridade laboral galega. A explotación estatística realízase clasificando os accidentes segundo o grao da lesión e outras variables como sectores de actividade, natureza da lesión, etc. Tamén se ten en conta os accidentes de traballo con baixa en xornada laboral, indicándose de xeito separado, o número de accidentes in itínere. A información agrúpase en cinco epígrafes: Accidentes de traballo con baixa, Accidentes de traballo mortais, Enfermidades profesionais, Variación interanual dos accidentes con baixa en xornada de traballo nos últimos dez anos, ndices de incidencia

Lingua/s
Galego

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

Esta publicación proporciona un coñecemento sobre as variables básicas que determinan a estrutura do mercado laboral dos colectivos: mulleres traballadoras, menores de 30 anos, maiores de 54 anos e estranxeiros, co obxecto de que sirva de fundamento para a instrumentación de políticas orientadas á mellora da situación do mercado de traballo.

Selección das disposicións normativas máis salientables no eido laboral e do benestar elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo dun ano no Diario Oficial de Galicia (DOG). Trátase dunha publicación dinámica con acceso á norma concreta en distintos formatos (PDF e HTML)

Esta publicación proporciona un coñecemento sobre as variables básicas que determinan a estrutura do mercado laboral da Comunidade Autónoma Galega (ámbito autonómico e desagregado por provincias) co obxecto de que sirva de fundamento para a instrumentación de políticas públicas orientadas á mellora da situación do mercado de traballo.

Esta publicación proporciona un coñecemento sobre as variables básicas que determinan a estrutura do mercado laboral da Comunidade Autónoma Galega (ámbito autonómico e desagregado por provincias) co obxecto de que sirva de fundamento para a instrumentación de políticas públicas orientadas á mellora da situación do mercado de traballo.