Guía breve do edificio, historia do museo e coleccións que se mostran na escolma de escultura.
Guía breve do edificio, historia do museo e coleccións que se mostran na escolma de escultura.
Artigos de varios autores que analizan polo miúdo as intervencións arqueolóxicas realizadas na cidade de Ourense e que serven de soporte científico á exposición: Ourense. A cidade, da orixe ao século XVI.
Catálogo da mostra do mesmo nome que recolle unha selección de fondos do Museo de Ourense para facer visible a súa existencia en canto permanece pechado polas obras de remodelación. Complétase o catálogo cunha introdución sobre o edificio no cal se exhibe a mostra e unha sucinta historia do museo.
Catálogo onde se estudan as medallas conmemorativas españolas que forman parte das diferentes coleccións do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Guía breve do edificio, historia do museo e coleccións que se mostran na escolma de escultura.
Catálogo da exposición que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou en outubro de 2018 dentro das actividades programadas do Museo no ano 2018.
Catálogo da exposición que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou en setembro de 2017 dentro das actividades programadas do Museo no ano 2017 "Voando o pasado: fotografía aérea e arqueoloxía en Galicia".
Este catálogo ofrece unha visión completa e abranguente da obra de Antón Lamazares (Maceira, Lalín, Pontevedra, 1954) ao longo de máis de cincuenta anos de carreira, ao tempo que permite abordar, na súa complexidade, unha das figuras máis senlleiras do contexto artístico galego. Coa axuda de múltiples voces chegadas de ámbitos tan diversos como a historia da arte, a crítica ou a poesía, o libro propicia unha apreciación actualizada da orixinalidade da obra de Lamazares.
Achegarse ao seu traballo é experimentar o silencio, formar parte dunha constelación marabillosa que nos brinda estados de contemplación e intensifica o gozo. A súa pintura é o resultado da sabedoría e a grandeza de saber rescatar a humildade, a sinxeleza, o vigor, a coraxe, o corazón, o amor, a morte, a plenitude... nun universo de verdade e silencio.
A caverna baleira: catálogo de arte inmaterial, imposible e inexistente foi a obra premiada na quinta edición do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea. O texto é unha reflexión sobre a arte invisible, a creación fake e as últimas tendencias da arte contemporánea que apostan pola desmaterialización do obxecto artístico e a súa reimaxinación crítica. Jorge Fernández Gonzalo é poeta, ensaísta e profesor de Filosofía na Universidade Complutense de Madrid. O seu ensaio Filosofía zombi foi finalista do premio Anagrama en 2011.
Outras historias posibles reúne o traballo de seis artistas nadas na década dos anos 50 cuxas traxectorias paga a pena revisar e contextualizar para, como expresa o título do proxecto, xerar outras historias que completen o xa coñecido no tecido cultural, político e social dos anos 80. Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré.
David Lamelas (Bos Aires, 1946) é unha figura clave da arte conceptual e un dos grandes protagonistas da escena artística arxentina na década dos sesenta. Desde os inicios, a súa obra distinguiuse por unha singular capacidade camaleónica para adaptarse a distintos contextos, xa fosen artísticos, arquitectónicos, xeográficos ou sociais, en capitais como Londres, Bruxelas, París, Milán, Os Ánxeles, Nova York ou Berlín.
A exposición que o CGAC lle dedicou en 2021 foi a súa primeira retrospectiva en España. Neste catálogo amósase a evolución do traballo de Lamelas a través de distintas etapas, desde os inicios a primeiros dos sesenta en Bos Aires ata o momento presente, e asemade incídese en dúas cuestións importantes: a relación de Lamelas con Galicia (os seus pais emigraron desde Manzaneda e Castro Caldelas durante a Guerra Civil) e a importancia do proxecto e mais do debuxo na súa práctica artística ao longo de toda a súa carreira; ben sexa como debuxos autónomos, como sucede na serie Aleph (1986-1989), ou como medio para desenvolver unha idea, no ámbito escultórico, fotográfico, fílmico ou arquitectónico.
David Lamelas (Bos Aires, 1946) é unha figura clave da arte conceptual e un dos grandes protagonistas da escena artística arxentina na década dos sesenta. Desde os inicios, a súa obra distinguiuse por unha singular capacidade camaleónica para se adaptar a distintos contextos, xa fosen artísticos, arquitectónicos, xeográficos ou sociais, en capitais como Londres, Bruxelas, París, Milán, Os Ánxeles, Nova York ou Berlín. A exposición que o CGAC lle dedicou en 2021 foi a súa primeira retrospectiva en España.
Neste catálogo amósase a evolución do traballo de Lamelas a través de distintas etapas, desde os inicios a primeiros dos sesenta en Bos Aires ata o momento presente e, asemade, incídese en dúas cuestións importantes: a relación de Lamelas con Galicia (os seus pais emigraron desde Manzaneda e Castro Caldelas durante a Guerra Civil) e a importancia do proxecto e mais do debuxo na súa práctica artística ao longo de toda a súa carreira; ben sexa como debuxos autónomos, como sucede na serie Aleph (1986-1989), ou ben como medio para desenvolver unha idea, no ámbito escultórico, fotográfico, fílmico ou arquitectónico.