Catálogo

Amosando 1729 - 1740 de 2038

A revista recolle a publicación dos estudos xurídicos feitos polos letrados da Xunta de Galicia e outros profesionais do Dereito. O número 5 que saíu en decembro de 2009 é a continuación do número 4 e tamén do número 1, 2 e 3 da publicación seriada "Revista da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia" da cal se publicou o número 0 en xaneiro do 2003. A revista ten carácter semestral.

Autor/a
Haywooz Eliza
Lingua/s
Galego

O volume A dama solitaria & Fantomina, é o número 13 da colección "As letras das Mulleres", e recolle dúas obras da autora británica que por primeira vez son editadas en galego. Eliza Haywood inaugurou un tipo de ficción que, con pretensións didácticas, ensinaba ás mulleres a sacaren proveito nas relacións sentimentais, propugnando unha ruptura co modelo pasivo e presentando heroínas impetuosas e decididas, que non se dobregaban aos roles establecidos.Eliza Haywood (1693-1756) foi unha escritora moi prolífica e popular no seu momento. Á parte de novelista, foi actriz, dramaturga, escritora de "libros de conduta", tradutora, propietaria dun negocio de impresión e venda de libros, e editora de varios xornais. É difícil atopar algunha persoa con mais actividade profesional no mundo das letras, e moito máis entre as mulleres desa época.

Autor/a
Iglesias Hermelo
María
Lingua/s
Galego

O multimedia Fíos violeta, Convivir en igualdade para dunha filosofía coherente coa pluralidade e valores democráticos, respectuosa cos dereitos humanos, inclusiva coa interculturalidade e promove explicitamente a convivencia nun marco de tolerancia e respecto onde o artigo 2.1 da Carta dos dereitos humanos se asume como punto de partida.

Autor/a
Wharton Edith
Lingua/s
Galego

Esta obra, a número doce da colección "As Letras das Mulleres", nos achega á vida da escritora Edith Wharton (1862-1937) e nos mostra o paralelismo entre ela e a súa obra, así como a súa relación con España, e con Galicia en particular, xa que Edith Wharton peregrinou a Santiago en dúas ocasións a comezos do século. A idade da inocencia, que "retrata as escasas oportunidades das que dispuñan as mulleres na sociedade norteamericana de finais de século XIX, cando a beleza, equiparada ao decoro e a inocencia, pero tamén asimilada á ignorancia, das mulleres, era o atributo máis prezado, negándoselle ás mulleres a capacidade de aprender, e, por suposto, de decidir por si mesmas"