Estudo sobre o desenvolvemento administrativo e institucional de Galicia entre os séculos IX e XIX. Este traballo resultou premiado na XXIII edición do Premio Manuel Colmeiro organizado pola Escola Galega de Administración Pública.

Obra na que as letradas e os letrados da Xunta de Galicia revisan a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal e como xa fixeran na publicación "Lei 30/92 comentada por letrados da Xunta de Galicia". Este colectivo profesional achega o seu rigor científico, especialización e visión práctica das cuestións que deben solucionar os operadores xurídicos galegos, destinatarios últimos deste libro. Cada artigo da devandita lei conta con comentarios que ademais fan referencias a outras normas (como a Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público) e á xurisprudencia de interese (con especial referencia á do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), e ofrece debates e solucións para a práctica diaria.
Leis publicadas no DOG polo Goberno da Xunta de Galicia cuxo principal obxectivo é avanzar con decisión na modernización e mellora das políticas de xuventude e de voluntariado