Catálogo

Amosando 1249 - 1260 de 2039
12,90 €
Autor/a
Abalde Covelo
Marcos
Lingua/s
Galego

Obra coeditada pola Agadic e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co XX Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, edición 2011. A cegueira, de Marcos Abalde Covelo, é unha reflexión sobre a banalidade do mal, na que os seus personaxes participan nunha cerimonia do horror da que ninguén pode fuxir, e onde a xestión da barbarie vira norma sagrada.

5,20 €
Autor/a
Lama
Xavier
Lingua/s
Galego

Galardoada co premio XI Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na súa modalidade adultos, Ela, piedade dos suicidas, de Xavier Lama, e coeditada pola Agadic e Bahía Edicións, é unha nova visita ao vello mito grego de Orpheo e Eurídice, unha historia órfica de descenso aos infernos na procura da muller idealizada, na que o autor dá conta, en clave poética, do abismo entre a vida e a morte, entre a realidade e o desexo. A vontade transgresora da peza move os marcos do gusto hoxe dominante cunha orixinal mestizaxe de xéneros, pois presenta unha proposta en verso libre, de marcado carácter obxectual, cohabitada por sombras, pantallas, máscaras...

9,50 €
Autor/a
Bayer Lloves
Andrea
Lingua/s
Galego

Galardoada co XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade infantil, e coeditada pola Agadic e Bahía Edicións, O lobo e a lúa, de Andrea Bayer Lloves, tece unha trama clara e atraente, na que adapta claves de intriga e suspense ao imaxinario dos máis pequenos; unha historia de amizade, superación dos propios medos e de amor que pon en valor, á vez, a singularidade da arte dos monicreques para engaiolar un público familiar.

13,00 €
Autor/a
Cortegoso Malvar
Santiago
Lingua/s
Galego

Obra coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega. Galardoada co XXII premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, na edición de 2014, Raclette, de Santiago Cortegoso, é unha obra que mestura a comedia co dramatismo e aborda temas universais desde a perspectiva da sociedade actual: a incomunicación, a morte, a relación de parella, a maternidade, a sobreprotección ou a violencia.