Catálogo

Amosando 49 - 60 de 78
Editor/a literario/a
Alonso Girgado
Luís
Editor/a literario/a
Cochón Touriño
Xosé Luís
Editor/a literario/a
Martínez González
Xurxo
Lingua/s
Galego

Sen dúbida son Ricardo Carballo Calero e Ramón Piñeiro dúas salientables figuras do panorama cultural galego da segunda metade do pasado s.XX. Carballo Calero desde a súa cátedra na Universidade de Santiago de Compostela, e Ramón Piñeiro, desde Galaxia. Neste epistolario, nucleado ao redor da xestación da Historia da literatura galega contemporánea, rexistra, en máis de duascentas cartas, unha singular panorámica de feitos que van desde as iniciativas bibliográficas ata circunstancias e anécdotas biográficas. En síntese, o desenvolvemento da nosa intrahistoria cultural por dous protagonistas directos e influentes nela.

Autor/a
Montenegro Rúa
Enrique Jorge
Autor/a
Blanco-Rotea
Rebeca
Autor/a
Benavides
Rosa
Autor/a
Portela
César
Lingua/s
Castelán
Galego
Inglés

Con motivo das últimas intervencións realizadas no monumento de Santa Eulalia de Bóveda, decídese facer esta publicación, na que se recolle un estudo historiográfico de Enrique Montenegro, os resultados da lectura de parametros e o levantamento topográfico da arqueóloga Rebeca Blanco-Rotea, no que se establecen as distintas fases de construción do edificio, o estudo das pinturas realizado pola restauradora Rosa Benavides e, por último, a intervención arquitectónica de César Portela no monumento e no seu contorno.

Entidade
[Equipo de Atención Educativa... et al.]
Lingua/s
Galego

Ferramentas básicas e pautas para a elaboración do proxecto educativo dos centros de infantil. Trátase de proporcionar un marco global que facilite unha acción coordinada e eficaz dos equipos educativos, tendo en conta a situación concreta de cada centro, a súa estrutura organizativa, análise do contexto, obxectivos e funcionamento dos centros.

Manual que proporciona información básica para desenvolver o traballo de laboratorio en condicións seguras en consonancia co que marca a lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais. Ademais de abordar os principais perigos e riscos, a guía inclúe normas de conduta e protocolos de actuación en caso de accidente. No documento considéranse fundamentais os riscos producidos nun laboratorio onde exista unha exposición a axentes químicos

Autor/a
fernández Pérez
Ana
Coautor/a
Naya Castelao
Minerva
Coautor/a
Campos Pérez
Ximena
Ilustrador/a
Álvarez Gallego
Encarna
Lingua/s
Galego

Redactado en primeira persoa, a protagonista deste relato narra o día a día nun centro residencial de persoas maiores e dá recomendacións que axudan a mellorar a relación entre usuarios e profesionais. Supón, xa que logo,unha reflexión para os profesionais da xerontoloxía.