Fronda é unha publicación en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (43), a partir dun privilexio de xuro do ano 1650 outorgado por Felipe IV ao Concello de Ourense, abórdanse o problema da crise económica e da débeda pública na Monarquía dos Austrias menores.