Fronda é unha publicación periódica bimestral en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estes foron producidos. Neste número (29) iníciase unha serie dedicada á colección de impresos do AHPOu, neste caso a partir dun fragmento das Decretais de Gregorio IX, impreso en Maguncia en 1476. Trátase do impreso máis antigo que se conserva en Galicia.