Catálogo

Amosando 553 - 564 de 971

Boletín de actualizaciones bibliográficas en urgencias prehospitalarias nº 6, editado pola Comisión de Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Presenta as últimas novidades no campo da urxencia e a emerxencia sanitaria na atención extrahospitalaria.

0,00 €

Publicación que actualiza o informe "Efectividad y seguridad de la electroporación irreversible en el tratamiento de los cánceres de páncreas e hígado. Revisión sistemática" publicado en 2014, no que se pretendía avaliar a efectividade e seguridade da resección tumoral mediante electroporación irreversible no tratamento do cancro de páncreas e do cancro hepático primario e metastásico, en comparación con outras técnicas ablativas e co tratamento estándar.

Revista de periodicidade anual que ten como obxectivo dotar o sector artesanal galego dunha canle de comunicación tanto interna -onde se dan a coñecer o traballo dos nosos artesáns e maís liñas de actuación da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e da Dirección Xeral de Comercio-, coma externa, de cara a outros sectores de interese para a artesanía, como o turismo, a arquitectura, o deseño ou a formación.

Nos inicios do Movemento Abstracto, nas décadas do cincuenta e sesenta, os artistas Molezún, Mampaso, Labra e Caruncho teñen una presenza moi activa no seu desenvolvemento. O catálogo desta exposición afonda nese período de grande interese para a arte galega contemporánea. Por medio de escritos e textos de historiadores e críticos, e a selección de obras, analízase a traxectoria dos artistas relacionados no contexto histórico 1950/1970.

Temáticas
0,00 €
Autor/a
Sánchez González
María del Carmen
Autor/a
Cantero Muñoz
Paula
Autor/a
Atienza Merino
Gerardo
Lingua/s
Castelán

Publicación electrónica en soporte físico que ten como obxectivo coñecer a efectividade sobre o cancro de pulmón da tomografía computarizada de baixa dose de radiación (TCBD) para reducir a mortaldade por esta patoloxía en pacientes fumadores con historia de máis de 20 paquetes/ano ou exfumadores con menos de 10 anos de abstinencia.

Autor/a
Álvarez Cortiñas
Manuel
Coautor/a
Suárez Luque
Silvia
Lingua/s
Castelán

O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1983. Trátase dun programa que realizan todas as comunidades autónomas, coordinado polo Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, desde o ano 1988.
Na nosa comunidade autónoma, a tempada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, aínda que a primeira recollida de mostras se realiza na segunda quincena de maio.
As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da tempada se teñen, polo menos, 8 controis, que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño.
Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real decreto 134112007, do 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño).
Cos resultados obtidos en cada tempada elabórase o Informe Técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia.

0,00 €

Medidas básicas para a prevención dos TME entre o persoal das explotacións de gando vacún (carne e leite), como resultado dun estudo biomecánico de todas as tarefas realizadas en cada unha das zonas de traballo destas explotacións.

Tríptico coa descrición dos riscos e efectos sobre a saúde do persoal nas explotacións de gando vacún, así como unha relación de consellos útiles e exercicios de quencemento previos á actividade para previr os trastornos musculoesqueléticos no seu traballo.