Esta publicación recolle os traballos presentados por especialistas nacionais e internacionais no XIII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos que o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago realizou en Compostela do 26 ao 29 de xuño de 2024. Baixo a dirección de Klaus Herbers, catedrático de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares na Universität Erlangen-Nürnberg de Alemaña, e co título de Metrópole: Santiago e Roma, 900 anos de historia, o congreso conmemorou unha efeméride: a concesión polo papa Calisto da dignidade arcebispal á cidade de Santiago en xuño de 1124, que converteu Compostela nun importante centro de poder eclesiástico e administrativo.