Catálogo

Amosando 661 - 672 de 977
Autor/a
Montenegro Rúa
Enrique Jorge
Autor/a
Blanco-Rotea
Rebeca
Autor/a
Benavides
Rosa
Autor/a
Portela
César
Lingua/s
Castelán
Galego
Inglés

Con motivo das últimas intervencións realizadas no monumento de Santa Eulalia de Bóveda, decídese facer esta publicación, na que se recolle un estudo historiográfico de Enrique Montenegro, os resultados da lectura de parametros e o levantamento topográfico da arqueóloga Rebeca Blanco-Rotea, no que se establecen as distintas fases de construción do edificio, o estudo das pinturas realizado pola restauradora Rosa Benavides e, por último, a intervención arquitectónica de César Portela no monumento e no seu contorno.

25,50 €
Autor/a
Basilico
Gabriele
Tradutor/a
Salter
Andrés
Tradutor/a
Riveiro
Suso
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

En "Compostela. Gabriele Basilico" o artista presenta a súa obra "Fuoricentro", coa que nos propón unha mirada alongada do territorio, estruturada en tres eixes, que crean os núcleos urbanos periféricos. A partir do percorrido en coche polas áreas por onde a cidade está a crecer, Basilico retratou os edificios como testemuñas mudas dun xeito de habitar o espazo.

Temáticas

Publicación electrónica verbo do cambio demográfico, cada vez máis intenso e que afecta un número crecente de rexións europeas, polo que empeza a se considerar como un risco. As consecuencias precisan afrontarse como un desafío, en especial naquelas áreas rurais desfavorecidas e periféricas.

Guía dirixida a pemes galegas do sector adegueiro de Galicia, para as axudar a que se inicien nos criterios de responsabilidade social empresarial e ofrecerlles información sobre as ferramentas que poden utilizar para introduciren un comportamento responsable e comunicarllo aos seus grupos de interese.

Publicación na que se describen os principais riscos nos postos de traballo de carnicerías e charcuterías e as medidas preventivas que se deben adoptar para os previr.

Publicación na que se describen os principais riscos nos postos de traballo de carnicerías e charcuterías e as medidas preventivas que se deben adoptar para os previr.

En abril de 2013 o Parlamento de Galicia instou á Xunta a que elaborase e puxese en marcha un plan de loita contra a obesidade infantil, aliñado coa estratexia da Organización Mundial da Saúde, a Unión Europea e o Goberno do Estado que, liderado pola Consellería de Sanidade e coa colaboración de todos os departamentos da Xunta que sexa preciso, permita garantir o mellor nivel de saúde, presente e futura, dos nosos nenos e nenas.
A resposta dada pola Consellería foi a elaboración do Plan de prevención da obesidade infantil, que denominamos "Plan xermola" e que concrétase en 13 liñas de acción e 34 intervencións agrupadas en cinco estratexias que cobren, desde o principio da multisectorialidade, practicamente todos aqueles aspectos que poden influír na loita contra a obesidade infantil.

O obxectivo xeral deste traballo, que aparece publicado en formato electrónico, é coñecer as perspectivas dos pacientes, familiares e profesionais sobre a depresión e o seu manexo clínico. Del tradúcense, en termos de investigación, os seguintes obxectivos específicos: analizar a vivencia da depresión e o proceso asistencial dende o punto de vista do paciente e das súas familias, así como dos profesionais, coñecer de primeira man as expectativas do paciente nos diferentes momentos do proceso e identificar tanto os puntos fortes coma as principais áreas de mellora.

Publicación que recolle a actividade da oficina dos hospitais galegos referida á doazón e transplante tanto de órganos coma de tecidos. Complétase cos datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para a extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos.
Amais das actividades desenvolvidas pola oficina, figuran tamén os obxectivos para o vindeiro ano.

Publicación, dirixida a persoas tecnicamente cualificadas e ONG que traballan no campo do VIH-sida, con contidos verbo das novas infeccións causadas polo virus da inmunodeficiencia humana, de maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando a problemática se considera desde a perspectiva da infección e non da enfermidade; deste xeito coñecemos as características actuais da epidemia, tanto no que se refire ás persoas afectadas coma ás prácticas de risco e distribución temporoespacial.