Catálogo

Amosando 1 - 5 de 5
25,00 €
Autor/a
Álvarez López
Cristina
Autor/a
Combarro
Nicolás
Autor/a
Delgado
Miguel Ángel
Autor/a
Olmo
Santiago
Autor/a
Pagán
Alberte
Autor/a
Parés
Luis E.
Autor/a
Vinyes Albes
Marina
Lingua/s
Castelán
Galego
Inglés

Novos imaxinarios profunda na creación cinematográfica recente en España e Portugal, e contextualízaa no marco dunha reflexión sobre o cinema máis alá da pantalla, onde as salas do museo proporcionan un lugar específico para proxectar novos imaxinarios. Organizada polo Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), esta mostra acolle propostas, ben inéditas ou ben presentadas por primeira vez en Galicia, de Oliver Laxe, Susana de Sousa Dias, Albert Serra, Helena Girón e Samuel M. Delgado, Lois Patiño, Salomé Lamas, Isaki Lacuesta e Laida Lertxundi. No seu formato expositivo, cada cineasta articula novas obras que debuxan parábolas cinematográficas con propostas instalativas que ocupan dous andares do museo; son novas linguaxes que nos achegan realidades desde unha perspectiva contemporánea, á vez que nos mostran as posibilidades narrativas e físicas dun medio en constante reinvención.

98,20 €
Lingua/s
Castelán
Galego

O libro “Memoria Xacobeo 21-22" recolle os eventos máis destacados da programación deseñada pola Xunta de Galicia para o Ano Santo 2021-2022. A cultura (música, exposicións, audiovisual, concertos etc.), o pensamento, o aspecto social etc., conformaron unha programación especial para un Xacobeo diferente, condicionado pola COVID-19, que obrigou a repensar e reformular esta programación.

Informe de oportunidades sobre as industrias culturais e creativas realizadas dentro das actividades do Proxecto LACES, proxecto de cooperación transfronterizo cofinanciado nun 75% con fondos FEDER, no marco do programa INTERREG V-A Espanha-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

20,00 €

É un traballo de investigación sobre o festival de curtometraxes galego. Ao longo do estudo mediuse o impacto do festival nas súas dimensións económica, social e comunicativa obténdose datos que permiten á organización xustificar o investimento público, atraer investimento privado e motivar a asistencia do público. Coa información recollida das persoas participantes procedeuse ao establecemento de relacións entre variables demográficas, hábitos de consumo, percepción do festival e gasto co obxectivo de establecer propostas de mellora que permiten axustar a oferta á demanda, potenciar a comunicación e maximizar a xestión económica. O traballo péchase cun sistema de indicadores, creado ad hoc para o evento, que permite posicionar o produto no mercado cultural e diagnosticar tendencias no modelo de festival apoiando a toma de decisións.

Autor/a
Pagán
Alberte
Tradutor/a
Nogueira
Carmen
Lingua/s
Castelán
Galego

Aproximación ao cinema experimental dos anos 1945 a 1990 coa análise crítica e descritiva dunha escolma de películas de gran calidade artística realizadas fóra dos circuítos comerciais e que se desenvolven nos límites das normas expresivas e estéticas, e que resulta fundamental á hora de achegarse a moitas das linguaxes audiovisuais que conforman o imaxinario colectivo da fin do milenio.​