Viño e viticultura na Galicia medieval (séculos IX-XIV).
Viño e viticultura na Galicia medieval (séculos IX-XIV).
Catálogo da exposición Voar dende Galicia. O desenvolvemento das infraestruturas aeroportuarias en Galicia, celebrada no Arquivo do Reino de Galicia no ano 2022.
O catálogo fai un percorrido polo inicios da aviación en España e en Galicia, e a configuración (proxectos, construción) dos aeroportos e aeródromos galegos. Os documentos usados corresponden na súa maior parte ao fondo documental de Francisco Iglesias Brage, conservado no Arquivo do Reino de Galicia, con algunhas pezas doutros arquivos.
O catálogo divídese en catros grandes epígrafes:
- Os primeiros pasos: nacemento e impulso do transporte aéreo, deseño de aparatos e innovación técnica.
- Os grandes proxectos: centrado nos tres grandes aeroportos. Alvedro (A Coruña), A Lavacolla (Santiago de Compostela) e Peinador (Vigo).
- Pequenos aeródromos: nesta epígrafe recóllense documentos sobre todo do aeródromo de Rozas, en Lugo, o único que segue existindo na actualidade.
- Proxectos inacabados: os casos singulares dos proxectados aeroportos de Ferrol e A Toxa (O Grove).
O catálogo da exposición De comerciantes a banqueiros. Orixes da banca en Galicia reproduce tanto os textos explicativos como as imaxes e as descricións dos documentos expostos na exposición organizada polo Arquivo de Galicia que foi inaugurada o día 9 de xuño, Día Internacional dos Arquivos, no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e que permaneceu aberta ata o día 15 de outubro deste ano.
Nela exhíbíronse unha selección de 89 documentos que nos achegan ao fenómeno da actividade bancaria en Galicia nunha época de profundas transformacións políticas, económicas e sociais, entre as que destaca o inicio do movemento emigratorio a grande escala a mediados do século XIX.
Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.
Gonzalo Torrente Ballester, la travesía de un creador comprende o catálogo da exposición do mesmo nome, coorganizada pola Xunta de Galicia na Biblioteca Nacional de España, que quere render homenaxe á figura e á obra de Gonzalo Torrente Ballester no vixésimo quinto aniversario do seu pasamento, así como contribuír a que a cidadanía se poida achegar ao seu valioso labor de creación cunha nova e máis completa mirada.
As pezas que conforman esta mostra, que reúne materiais bibliográficos; manuscritos e primeiras edicións; debuxos e fotografías; obxectos de traballo e persoais; prensa e material gráfico diverso, proceden fundamentalmente dos fondos da Biblioteca Nacional e da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, con achegas de particulares e doutras institucións, bibliotecas e arquivos, como Filmoteca Española, Diario de Pontevedra e a Biblioteca Regional de Madrid.
Guía ilustrada da exposición temporal co mesmo título con texto explicativo e fotografías dos fondos museográficos, bibliográficos e documentais expostos.
Catálogo da exposición que, sobre o fondo fotográfico de Mary Quintero, se atopa no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra. Amosa a obra da fotógrafa entre os anos 50 e 90, e finaliza cunha mostra do traballo realizado polo arquivo.
Trátase do catálogo da exposición que perdurará no tempo. Consta dun digipack de tres corpos e un CD.
Editado con motivo do seminario Camilo José Cela. A palabra e a imaxe, que tivo lugar no CGAC o 4 e 5 de xuño de 2021, este volume recolle unha colección de artigos que exploran a obra do premio Nobel a partir da relación da súa obra narrativa-contos, apuntamentos carpetovetónicos, libros de viaxes, relatos pseudoemblemáticos, fotorrelatos, calidoscopios, mesmo novelas- coas artes visuais a través do diálogo con pintores (Picasso, Esplandiú, Zabaleta ou Lloveras), debuxantes (Lorenzo Goñi) e fotógrafos (Wlasak, Fontserè ou Palazuelo). Se hai algo que caracteriza a obra de Cela é a súa vontade permanente de conversar coas imaxes, en ocasións de modo solidario e a miúdo de modo solidario e outras de modo irónico ou paródico, teimando sempre en subvertelas desde a palabra.
Despregable que, a través de mapas, gráficos, fotografías e textos, recolle os albergues públicos da Xunta de Galicia ao longo de todas as rutas xacobeas da Comunidade. Inclúe tamén información sobres as normas de uso, prazas, horarios, prezo etc.
Claridad foi un semanario publicado entre 1933 e 1934 en Santiago de Compostela. De ideoloxía republicana e natureza bilingüe, chegou a tirar do prelo vinte e catro números. Laico e autonomista, dirixido á clase obreira, o campesiñado e o estudantado, o seu director foi o escritor e intelectual Luís Manteiga. Esta edición, preparada por Luís Alonso Girgado, Laura Mariño e Laura Piñeiro Pais, incorpora un amplo estudo introdutorio á revista e reproduce facsimilarmente todos os seus números nunha memoria USB con formato tarxeta.
Catálogo da exposición Camiño (A orixe), con textos dos membros do comité asesor, máis 7 textos de estudo sobre temas relacionados co Camiño e 150 imaxes correspondentes ás obras expostas.