Catálogo

Amosando 1 - 12 de 26
0,00 €

O catálogo da exposición De comerciantes a banqueiros. Orixes da banca en Galicia reproduce tanto os textos explicativos como as imaxes e as descricións dos documentos expostos na exposición organizada polo Arquivo de Galicia que foi inaugurada o día 9 de xuño, Día Internacional dos Arquivos, no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e que permaneceu aberta ata o día 15 de outubro deste ano.
Nela exhíbíronse unha selección de 89 documentos que nos achegan ao fenómeno da actividade bancaria en Galicia nunha época de profundas transformacións políticas, económicas e sociais, entre as que destaca o inicio do movemento emigratorio a grande escala a mediados do século XIX.

Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.

Publicación electrónica verbo do cambio demográfico, cada vez máis intenso e que afecta un número crecente de rexións europeas, polo que empeza a se considerar como un risco. As consecuencias precisan afrontarse como un desafío, en especial naquelas áreas rurais desfavorecidas e periféricas.

0,00 €
Autor/a
Álvarez Herrera
Cristino
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

O Camiño Francés, o máis transitado, é hoxe unha ruta enoturística de primeira clase, unha das máis interesantes do mundo. O peregrino, desde que cruza os Pireneos, viaxa a través de bisbarras nas que se elaboran viños de altísima calidade. Cristino Álvarez fai un percorrido polas variedades e mais polas zonas vitivinícolas que marcan esta ruta milenaria.

Fronda é unha publicación en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (37), a partir do proxecto de axardinamento do campo do Posío, faise un breve percorrido pola historia dos concellos na época contemporánea e das súas competencias como xeradores de documentación de arquivo.

Fronda é unha publicación en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (34), a partir dunha acta do libro de acordos de 1720 do Concello de Ourense, faise un breve percorrido pola historia dos concellos na Idade Moderna e das súas competencias como xeradores de documentación de arquivo.

Fronda é unha publicación en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (33), a partir dunha acta do libro de acordos de 1432 do Concello de Ourense, faise un bre ve percorrido pola historia dos concellos na Idade Media e das súas competencias como xeradores de documentación de arquivo.

Fronda é unha publicación periódica bimestral en formato electrónico coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estes foron producidos. Neste número (28) faise a primeira entrega, relativa aos fondos monásticos, a tavés dun tombo do Mosteiro de San Clodio, co que se fai unha breve introdución á historia do monacato en Galicia e ao contido dos arquivos dos mosteiros.

Fronda é unha publicación en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (35), a partir dun impreso do fondo das Juventudes de Acción Popular, dáse noticia do valor desta documentación para coñecer o funcionamento das dereitas ourensás nos primeiros momentos da Guerra Civil.