Informe que ten como obxectivo avaliar a efectividade e seguridade clínica do entrecruzamento do coláxeno corneal asistido con iontoforesis: CXL-I como técnica terapéutica no tratamento das ectasias corneais e outras patoloxías da córnea.
Informe que ten como obxectivo avaliar a efectividade e seguridade clínica do entrecruzamento do coláxeno corneal asistido con iontoforesis: CXL-I como técnica terapéutica no tratamento das ectasias corneais e outras patoloxías da córnea.
Boletín editado pola Comisión de Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que presenta as últimas novidades no campo da urxencia e a emerxencia sanitaria na atención extrahospitalaria.
Documento editado en 2013. En 2016 realízase unha edición en papel porque este documento recolle as expectativas e desexos da xestante e a súa parella sobre o parto e nacemento do seu fillo ou filla, polo que, para favorecer a participación da muller na toma de decisións informadas durante o proceso de parto, cómpre entregar por escrito esta información, para que ela deixe tamén por escrito a súa decisión e se teña en conta por parte dos/as profesionais que a atenderán durante o parto e puerperio, sempre que o desenvolvemento do proceso sexa normal.
Documento no que se explica o uso axeitado dos dispositivos de salvamento e supervivencia en embarcacións de pesca.
Instrución que recolle os obxectivos a acadar na campaña 2016, así como os aspectos técnicos relacionados coas vacinas que se van utilizar, e outra información relativa a súa xestión, distribución e rexistro das doses. Vai dirixida a todos os profesionais sanitarios dos puntos de vacinación (públicos e privados) que participan nela.
Memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente ao ano 2015. Recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e ao transplante tanto de órganos como de tecidos.
Tamén recolle os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos, así como os establecementos de tecidos.
En canto á oficina, descríbense as actividades desenvolvidas por ela, así como os obxectivos para o vindeiro ano.
Boletín que presenta o novo medicamento Insulina Glargina Biosimilar, nova insulina para o tratamento da diabetes mellitus en adolescentes e nenos, a partir dos dous anos de idade. Tamén se identifica o lugar que ocupa no tratamento da enfermidade e informa de que a chegada dos biosimilares xera unha competencia no mercado de medicamentos biolóxicos que conduce a unha redución nos custos de adquisición, o cal libera recursos do sistema sanitario
Manual técnico para a implantación da responsabilidade social corporativa nas entidades que conforman a economía social en Galicia
Boletín trimestral no que se recollen novidades e artigos de opinión en materia de responsabilidade social empresarial de Galicia
Tríptico electrónico en liña no que se recollen os principais riscos e medas preventivas nos traballos en granxas avícolas.
Documento no que se recollen os principais riscos e medidas preventivas nos traballos en granxas avícolas.
O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1983. Trátase dun programa que realizan todas as comunidades autónomas, coordinado polo Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, desde o ano 1988.
Na nosa comunidade autónoma, a tempada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, malia que a primeira recollida de mostras se realiza na segunda quincena de maio.
As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da tempada téñense, polo menos, 8 controis, que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño.
Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real decreto 1341 / 2007, do 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño).
Cos resultados obtidos en cada tempada elabórase o Informe Técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia.