Catálogo

Amosando 289 - 300 de 596

Instrumento informativo que, mediante informacións descritivas e indicadores adecuados, permita identificar a presenza de factores de risco asociados á carga física de traballo nas empresas da nosa comunidade, coñecer a poboación laboral que poida estar exposta a estes factores de risco e estimar o grao de control sobre o risco asociado á carga física que existe nas empresas galegas.

Autor/a
Consello de Bioética de Galicia
Lingua/s
Castelán
Galego

Documento que recolle os relatorios e as comunicacións presentados nesa xornada que organizou o Consello de Bioética de Galicia, para informar e favorecer o debate da cidadanía verbo da dimensión ética da práctica sanitaria. Interviron axentes do ámbito da saúde e doutros eidos profesionais.

Debido ao cambio do calendario vacinal, modificouse este documento, para eliminar a 1ª dose da vacina da hepatite B, que antes se administraba ao neonato ou á neonata nas primerias horas de vida, e que agora se administra aos 2 meses de idade do bebé, polo que, para evitar confusións, cumpría modificar este documento. Neste caso só se publica en formato pdf, para a súa consulta na web do SERGAS.

Autor/a
Gómez Amorín
Ángel
Autor/a
Álvarez Cortiñas
Manuel
Autor/a
Suárez Luque
Silvia
Lingua/s
Castelán

O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas, coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo, desde o ano 1998. Na nosa comunidade autónoma a tempada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, aínda que a primeira recollida de mostras se realiza na segunda quincena de maio.
As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da temporada se teñen, polo menos, 8 controis, que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño. Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real Decreto 1341/2007, do 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño).
Cos resultados obtidos en cada temporada elabórase o informe técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia.

Autor/a
Maceira Rozas
María del Carmen
Autor/a
Cantero Muñoz
Paula
Lingua/s
Castelán

As inxeccións intravítreas son procedementos minimamente invasivos para a administración de fármacos no ollo. Constitúe un importante chanzo terapéutico para o control de moitas patoloxías oftalmológicas como a dexeneración macular asociada á idade ou o edema macular diabético, entre outras.

Autor/a
ABACO IGVS
Lingua/s
Castelán

Guía electrónica en liña dirixida ás persoas con cualificación técnica de proxectistas, na que se establecen as estratexias pasivas ligadas ás variables climáticas específicas da zona onde se localice o edificio, para que se adopten no deseño, co fin de reducir as necesidades de demanda e consumo enerxético e mellorar os requisitos esixibles ata o nivel desexado. Pódese acadar o estándar de edificio case nulo (nZEB), e introduce criterios de sostibilidade no desenvolvemento dos proxectos.
A guía, malia poderse aplicar a calquera tipo de edificación de nova construción, está pensada fundamentalmente para edificios de vivendas.

Guía electrónica en liña que recolle as solucións construtivas máis frecuentes no eido da rehabilitación arquitectónica, cunha incidencia especial na sostibilidade da actuación e eficiencia enerxética.
Configúrase como unha ferramenta sinxela, que lles permita ás persoas con cualificación técnica implicadas no eido da rehabilitación:
- Adoptar as solucións de rehabilitación dos edificios, tanto nos seus elementos construtivos coma nas súas instalacións, que garantan o cumprimento e a mellora dos estándares básicos establecidos pola normativa de aplicación
- Garantir a correcta execución das solucións adoptadas para o cumprimento dos obxectivos buscados
- Determinar que solucións de rehabilitación deben de adoptar para garantir o cumprimento dos estándares esixibles en materia de aforro enerxético, ou adoptar solucións que permitan superar os ditos estándares en función da mellora que se pretenda acadar.
A conexión co visor de mapas climáticos de Galicia, desenvolvido polo IGVS no marco deste proxecto, permite adoptar as solucións máis axeitadas, de acordo coa localización específica do edificio, xa que estes mapas caracterízan todo o territorio galego en función de parámetros climatolóxicos que condicionan o comportamento dos edificios en materia de eficiencia enerxética.

Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

Guía electrónica en liña que recolle o conxunto de medidas e prestacións que a Xunta de Galicia lles ofrece ás familias, as prestacións económicas da Seguridade Social, o conxunto de permisos e excedencias, os beneficios fiscais de ámbito autonómico, as medidas e beneficios fiscais de ámbito estatal e os servizos, plans e programas. Todo iso encamiñado a apoiar e favorecer todos os membros da unidade familiar.

Publicación dirixida a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, tratando o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana, de maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera dende a perspectiva de infección e non de enfermidade e así coñecemos as características actuáis da epidemia, tanto no que se refire ás persoas afectadas, prácticas de risco e distribución temporoespacial.

Informe que ten como obxectivo xeral valorar a utlidade dos estent EPCC no tratamento da estenosis coronaria en lesións de novo en comparación coa práctica clínica habitual, tanto en termos de seguridade( eventos adversos derivados da utilización da técnica), eficacia, efectividade (taxas de mortalidade, IAM, reestenose e trombose tras a súa implantación) e impacto económico e organizativo que podería supoñer a implementación da tecnoloxía no Sistema Nacional de Saúde.