Catálogo

Amosando 241 - 252 de 596

O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo, dende o ano 1998. Na nosa Comunidade Autónoma a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, dende o 1 de xuño ao 30 de setembro, se ben a primeira recollida de mostras realízase na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da temporada téñense, polo menos, 8 controis que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño.

A calidade dos docentes, e polo tanto a súa formación, é un dos factores máis determinantes para a calidade dos sistemas educativos. Neste sentido, para favorecer a incorporación e permanencia de profesionais cualificados no sistema educativo parece necesario que os procesos de formación inicial, os procedementos de acceso á profesión docente e a atención á formación permanente do profesorado compartan bases centradas nunha mesma visión sobre que competencias son precisas para o mellor desenvolvemento da profesión docente. É, precisamente, nesta finalidade na que se centra primordialmente este traballo.

Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia
Lingua/s
Castelán

Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre a concesión ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deben cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

Autor/a
Gómez Suárez
Ana Fátima... [et al.]
Ilustrador/a
Díaz Martínez
Encarnación
Lingua/s
Castelán

A Fundación Ingada e a Consellería de Política Social presentan esta guía de asesoramento técnico e xurídico para aquelas familias nas cales algún dos seus membros están afectados polo TDAH. Nela atópanse explicacións que axudan a aliviar, entender, previr e soportar a vida cotiá destas familias de forma plena e feliz.

Autor/a
Díaz Vázquez
Raquel
Autor/a
Menéndez Gutiérrez
María
Autor/a
Alonso Santos
Margarita
Director/a
Martínez Chamorro
Enrique
Lingua/s
Castelán

Resultados dos traballos de mellora xenética levados a cabo no Centro de Investigación Forestal de Lourizán para loitar contra o nematodo da madeira (Bursaphelenchus xylophilus) do piñeiro.

Publicación dirixida a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, que trata o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual. Infórmase sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera desde a perspectiva de infección e non de enfermidade. Desta forma coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas como ás prácticas de risco e á distribución temporoespacial.