Documento orientativo que pretende ser unha guía aberta que cada centro deberá adaptar ás súas intencións e necesidades á hora de elaborar o plan de convivencia.
Documento orientativo que pretende ser unha guía aberta que cada centro deberá adaptar ás súas intencións e necesidades á hora de elaborar o plan de convivencia.
O Consello de Bioética de Galicia pretende mostrar e examinar críticamente a dimensión ética da práctica sanitaria para consolidar unha mirada bioética no exercicio profesional e no funcionamento das institucións. Este documento quere cumprir a dita misión ofrecendo argumentos éticos para promover unha cultura da confidencialidade no Sistema de saúde de Galicia a través da actuación responsable dos seus tres principais axentes. O exercicio da autonomía e os dereitos da cidadanía só se poden garantir mediante o respecto por parte dos profesionais e o compromiso da Administración sanitaria e as institucións na súa tutela.
O Consello de Bioética de Galicia conta, entre as súas función, coa de contribuír á información e favorecer o debate da cidadanía sobre as dimensións éticas e sociosanitarias da práctica asistencial. Unha vez máis a celebración dunha xornada monográfica sobre un tema de interese estratéxico para a organización sanitaria foi a ferramenta elixida para o cumprimento da súa función. A participación plural de diversos axentes sociais e as experiencias das comunidades punteiras no ámbito do tema obxecto da xornada queda recollida neste documento, a través dos relatorios co fin de difundir estas achegas aos profesionais do ámbito sanitario e sociosanitario e promover a formación e a consideración da bioética como criterio de calidade e boa práctica profesional.
Boletín que presenta os novos medicamentos evolocumab e alirocumab. Forman parte dunha nova xeración de hipolipemiantes (anticorpos monoclonais) que poderían dar resposta, polo menos en parte, a esta necesidade, ao abriren una nova vía terapéutica para a redución dos niveis de colesterol e, con iso, para a prevención da enfermidade aterotrombótica, especialmente en pacientes de alto risco. Ademais de revisar a eficacia, seguridade e o custo de novos medicamentos trátase de identificar os pacientes que máis poden beneficiarse destes tratamentos.
A poboación diana susceptible de necesitar probas diagnósticas da intolerancia á lactosa é elevada, o cal pode producir un grande impacto na asistencia sanitaria nas listas de espera e/ou recursos humanos e económicos. Por iso, realizouse unha revisión sistemática sobre a sensibilidade e especificidade, uso, indicacións, efectos adversos e custos do test do H2 no alento e outras alternativas para o diagnóstico desta patoloxía.
Memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente ao ano 2016. Recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e ao transplante tanto de órganos como de tecidos.
Tamén recolle os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos, así como os establecementos de tecidos.
En canto á oficina, descríbense as actividades desenvolvidas por ela, así como os obxectivos para o vindeiro ano.
O Boletín de actualizacións bibliográficas en urxencias prehospitalarias nº 9, editado pola Comisión de Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, presenta as últimas novidades no campo da urxencia e a emerxencia sanitaria na atención extrahospitalaria.
O obxectivo deste documento é avaliar a efectividade e seguridade clínica do sistema BLES® como técnica de biopsia percutánea de lesións mamarias sospeitosas de malignidade, clasificadas segundo a escala BIRADS nas categorías 3 e 4, así como a súa capacidade terapéutica de exérese completa.
Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.
Informe elaborado polas universidades da Coruña, Oviedo e Minho no cal se aborda a análise dos deberes escolares tomando en consideración os tres axentes implicados neste proceso: estudantes, docentes e familias.
O proxecto Nutriage nace co obxectivo de asegurar o envellecemento saudable da poboación a través dunha alimentación baseada na dieta atlántica. Neste manual de identidade corporativa da marca gráfica de Nutriage descríbense algunhas regras para a súa correcta aplicación e colocación, segundo os casos: en convivencia con outras marcas, medios audiovisuais, papelería, publicidade en prensa e outras aplicacións.
Publicación electrónica en liña que recolle o conxunto de medidas e prestacións que a Xunta de Galicia lles ofrece ás familias co obxectivo de facilitar información actualizada daquelas axudas que redundan na mellora da calidade de vida de cada un dos seus membros: as prestacións económicas da Seguridade Social, o conxunto de permisos e excedencias, os beneficios fiscais de ámbito autonómico, as medidas e beneficios fiscais de ámbito estatal, así como información dos servizos, plans e programas ofertados polos diversos departamentos da Administración autonómica. Todo isto encamiñado a apoiar e favorecer as familias galegas