Catálogo da exposición gastronómica sobre a tradición culinaria galega e, nalgúns casos, compartida e de interés do Norte de Portugal realizada no marco do programa europeo NORTEAR.
Catálogo da exposición gastronómica sobre a tradición culinaria galega e, nalgúns casos, compartida e de interés do Norte de Portugal realizada no marco do programa europeo NORTEAR.
Esta publicación recolle os traballos presentados por especialistas nacionais e internacionais no XIII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos que o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago realizou en Compostela do 26 ao 29 de xuño de 2024. Baixo a dirección de Klaus Herbers, catedrático de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares na Universität Erlangen-Nürnberg de Alemaña, e co título de Metrópole: Santiago e Roma, 900 anos de historia, o congreso conmemorou unha efeméride: a concesión polo papa Calisto da dignidade arcebispal á cidade de Santiago en xuño de 1124, que converteu Compostela nun importante centro de poder eclesiástico e administrativo.
Número dezaseis da revista científica “Ad limina”, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigacións sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión trátase dun número monográfico titulado “Imaxinando o Camiño de Santiago: itinerarios, narracións, mitos”. A revista publica, desde 2025, dous números monográficos ao ano, cada un coa súa parte monográfica e xeral (desde 2010 ata 2024 editouse un número ao ano).
Transcrición, estudo e edición crítica do epistolario de Florentino López Cuevillas, como homenaxe no centenario da Xeración Nós.
Graxa é un conto profundamente introspectivo e poético que explora a relación dunha persoa co seu corpo obeso. A narrativa é densa e rica en detalles, con descricións vívidas e, por veces, incómodas, que capturan a sensación de aprisionamento físico e emocional do protagonista, namentres reflexiona sobre a súa vida, marcada pola vergoña, a auto-aversión e a necesidade de aceptación.
Na cidade portuguesa de Porto, no bienio 1960-1961, apareceu a revista Céltica, Caderno de Estudos Galaico-Portugueses, que fundou e dirixiu Manuel Oliveira Guerra. A súa curta existencia -tirou unicamente catro números- non impide que recoñezamos a súa importancia e interese para a cultura, a literatura e a lingua galegas, que teñen xenerosa acollida nestas páxinas. Nomes como o de Xosé María Álvarez Blázquez, José María Castroviejo, María Victoria Armesto, Celso Emilio Ferreiro, M. González Garcés, Xohana Torres, Pura Vázquez, Uxío Novoneyra, Manuel María, Antón Tovar, xunto cos de Rosalía de Castro ou Eduardo Pondal entre outros, acreditan a galeguidade destas páxinas que agora recuperamos para coñecelas mellor.
Verbas amigas reúne máis de medio cento de colaboracións escritas en homenaxe á profesora Blanca-Ana Roig Rechou por mor da súa xubilación. O volume, alén de diversos textos prologais de carácter institucional, incorpora tamén unha extensa cronobiografía sobre a homenaxeada que asinan os editores da publicación.
O Camiño Portugués: Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente.
Catálogo da exposición Camiño (A orixe), con textos dos membros do comité asesor, máis 7 textos de estudo sobre temas relacionados co Camiño e 150 imaxes correspondentes ás obras expostas.
Catálogo da exposición "Auga doce. Agua dulce", con textos do comité científico da exposición, texto de Gabriel García Márquez e texto introductorio descritivo da exposición. Selección de 220 imaxes de obras da exposición.
Informe de oportunidades sobre a industria 4.0 realizados dentro das actividades do Proxecto LACES, proxecto de cooperación transfronterizo cofinanciado nun 75% con fondos FEDER, no marco do programa INTERREG V-A Espanha-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
Informe de oportunidades sobre o sector agroalimentario e biotecnolóxico realizados dentro das actividades do Proxecto LACES, proxecto de cooperación transfronterizo cofinanciado nun 75% con fondos FEDER, no marco do programa INTERREG V-A Espanha-Portugal (POCTEP) 2014-2020.