Selección de obras fotográficas realizadas por Luis Gabú resultado das súas investigacións e viaxes por Etiopía, nas que o autor reflicte a existencia dun núcleo cristián que se mantivo á marxe das relixións musulmá e xudía.
Selección de obras fotográficas realizadas por Luis Gabú resultado das súas investigacións e viaxes por Etiopía, nas que o autor reflicte a existencia dun núcleo cristián que se mantivo á marxe das relixións musulmá e xudía.
Catálogo relativo á exposición que tivo lugar, en 2012, na Casa da Parra arredor da obra de Vítor Mejuto. Marcada pola inclinación cara a propostas xeométricas que se basean no exercicio dunha caligrafía persoal que ten como referencia o método, o cálculo e a intuición.
Catálogo que recolle as obras presentes na exposición "As que comen silencios, as que toman a palabra", que versa sobre a arte e violencia de xénero. Selección de 14 artistas e textos explicativos que acompañan as ilustracións das obras.
Esta guía hai que enmarcala dentro das actividades desenvolvidas no proxecto POCTEP "Eurorexión Termal e da Auga". Trátase dunha guía turística das vilas de Verín, Chaves e Vidago de que contan cun fío condutor común, as augas termais. A guía fai unha descrición das rotas, percursos e demais recursos turísticos asociados ás augas termais, das tres vilas que compoñen a Eurocidade, con mapas detallados e multitude de fotografías da zona. Así mesmo, conta cun catálogo de actividades complementarias (aloxamento, restaurantes, compras) e cun mapa grande descritivo da zona.
Número catro da revista científica Ad limina, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigación sobre o camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.
Libro catálogo que recolle unha serie de artigos sobre a figura de san Francisco de Asís e a tradición da súa peregrinación a Santiago de Compostela hai 800 anos. Ademais presenta o catálogo de obra da exposición do mesmo nome que se inaugurou en agosto de 2013 en Asís (pintura, ourivería, escultura, etc.).
Libro-catálogo que complementa a exposición "Compostela e Europa. A historia de Diego Xelmírez". Este libro trata de ser o texto definitivo sobre a arte do románico en Compostela e Europa nos tempos de Diego Xelmírez. As calidades científicas dos contidos están avaladas polas personalidades invitadas a colaborar na publicación. Trátase de autores de referencia ineludible na historiografía sobre este tema, que cos seus escritos levan os obxectivos do catálogo máis alá do campo divulgativo.
Catálogo da exposición On the road, que se inaugurou o 27 de xuño de 2014, que recolle a obra dos artistas contemporáneos que participaron nela a través de varias instalacións e obras que se amosaron en varias localizacións de Compostela. Esta mostra enmarcouse dentro dos actos de conmemoración do VIII centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela.
Catálogo da exposición do mesmo nome, que ten como eixe fundamental os preto de 100 debuxos que realizou o humorista gráfico Alfredo González ao longo do Camiño de Santiago. Complétase coas súas notas de viaxe, así como con varios textos realizados por amigos sobre a súa personalidade. O catálogo publícase en tres idiomas: galego, castelán e inglés.