O fotógrafo Luis Ocaña recolle varias instantáneas do mosteiro de Samos, vinculado ao Camiño de Santiago e mais ao seu contorno. As imaxes van acompañadas por breves textos en galego, castelán e xaponés.
O fotógrafo Luis Ocaña recolle varias instantáneas do mosteiro de Samos, vinculado ao Camiño de Santiago e mais ao seu contorno. As imaxes van acompañadas por breves textos en galego, castelán e xaponés.
Catálogo en galego/castelán/inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en color das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.
Edición actualizada da guía do conxunto patrimonial do Museo e o Castro de Viladonga, elaborada polos servizos técnicos do Museo baixo a dirección do centro, estruturada en catro capítulos que se corresponden coas salas de exposción permanente; feita nos dous idiomas oficiais de Galicia e acompañada dos textos en alemán, francés e inglés. Ademais de destinarse á venda ao público, a publicación servirá para os intercambios bibliográficos que estableceu o Museo con institucións similares, o que supón un notable incremento da súa biblioteca auxiliar especializada.
Actas do primeiro simposio celebrado en Monforte sobre o Condado de Lemos, no que participaron diversos especialistas de recoñecido prestixio, coordinado por Anselmo López Carreira.
Revista de carácter científico que recolle artigos dos mellores especialistas do mundo, no que atinxe ao Camiño de Santiago (arte, historia etc.).
Informe que ten como propósito elaborar un documento de información para doentes con sarcoidose. Para este fin formuláronse os seguintes obxectivos específicos: analizar a calidade dos documentos de información para doentes con sarcoidose dispoñibles no ámbito nacional e internacional, identificar as necesidades de información no proceso de atención expresadas polos doentes, revisar a evidencia científica dispoñible e elaborar un documento de información baseado na evidencia.
Manual de conversa en galego dirixido ás persoas de orixe anglófona ou de fala hispana que visitan Galicia. Para distribuír a través das oficinas de Turismo de Galicia.
Informe que ten como obxectivo definir as indicacións nas que é necesario avaliar a seguridade e efectividade do tratamento non invasivo do Pectus Carinatum mediante o sistema de ortese de compresión convencional e dinámica en nenos e adolescentes.
Tese de doutoramento de Staffan Mörling -profesor da Universidade de Lund (Suecia)- que complementa e amplía o estudo das condicións de creación e de mantemento ou desaparición das dúas embarcacións máis significativas en Galicia, a dorna e a lancha xeiteira.
Mestres de Capela da Catedral de Santiago. Vilancicos de Nadal e Reis, obra de José Baquedano, conforma o número 29 da Serie Agra Vella da colección Ars Gallaeciae Musicae, coeditada pola AGADIC e Dos Acordes.
Concerto en estilo antigo, obra de Manuel Quiroga, conforma o nº 27 da Serie Agra Vella da colección Ars Gallaeciae Musicae coeditada pola AGADIC e Dos Acordes.
Celtia, obra de Enrique González Arroiajauregui, conforma o nº 8 da serie Ávrego, da colección Ars Gallaeciae Musicae, coeditada pola AGADIC e Dos Acordes.