Catálogo

Amosando 373 - 384 de 2048
Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social e Xuventude Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Lingua/s
Galego

Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen en situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levados a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social e Xuventude, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia
Lingua/s
Galego

Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre a concesión ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deben cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

15,00 €
Entidade
Museo Etnolóxico. Ribadavia
Lingua/s
Galego

Catálogo que recolle as máis de 150 pezas expostas no Museo Etnolóxico de Ribadavia con motivo da exposición feita durante o año 2021, sobre a figura de San Cipriano de Antioquía o santo máxico cristián por excelencia, patrón e protector dos practicantes das artes máxicas e contra os maleficios.

0,00 €
Autor/a
Paz Valiñas
Lucinda
Autor/a
Rodríguuez González del Blanco
Paula Sabela
Autor/a
Maceira Rozas
Mª del Carmen [et.al.].
Lingua/s
Galego

Informe de avaliación do tratamento nutricional enteral domiciliario con suplementos nutricionais orais (SNO) en pacientes maiores de 65 anos con fractura de cadeira e desnutrición que no reverte mediante a inxesta única de alimentos comúns. A evidencia localizada foi limitada, atopando que os SNO foron seguros e presentaron un efecto positivo sobre a inxesta enerxética a curto prazo, que non se asociou cunha melloría clínica como a mortalidade e supervivencia, taxa de complicacións ou recuperación das funcións físicas. Tampouco se observou un efecto claro sobre a calidade de vida nin sobre unha redución da estadía hospitalaria. Soamente algúns pacientes comunicaron falta de apetito. A administración dos SNO foi custo-efectiva na mellora do peso corporal, pero sen efecto sobre a calidade de vida e anos vividos.

A peste é unha versión teatral de Cándido Pazó, inspirada na obra de Albert Camus do mesmo título, coa que reflexionar sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise.

A historia conta o que sucede na cidade de Orán, a través da narración do doutor Rieux, durante unha praga de peste. A cidade vese asediada e os seus habitantes acaban sometidos a unha corentena. A obra céntrase nos avatares dos habitantes encerrados, analizando como estes se enfrotan á praga e lle buscan un sentido á súa situación: primeiro, nunha loita egoísta pola supervivencia e, despois, a través do esforzo colectivo e comunitario. Ao longo dun ano, a peste progresa ata que, por fin, logran controlala e, daquela, desaparece. Entón o pobo celebra con alegría a fin da peste, salvo o doutor Rieux, que, tras o sacrificio fútil e a perda dalgúns seres queridos, só presenta un optimismo cauteloso, sabendo que a praga pode volver no futuro.