Galardoada co VIII premio Manuel María de literatura dramática infantil, edición 2014, e coeditada por Edicións Xerais de Galicia e a Agadic, "Xogando con gatos", de Antón Cortizas Amado, é unha historia para lembrarmos a arte de xogar e para descubrirmos o xogo popular, que bebe nese rico acervo da transmisión oral, cancións, adiviñas, lengalengas, contos de fórmula, de nunca acabar e sortes de botar, e recupera para as persoas lectoras ou espectadoras moitos exemplos desoutra forma de xogo social, creativo e en liberdade; tamén denuncia coa súa mensaxe como os xogos tecnolóxicos condenan as nenas e os nenos á soidade, ao lecer pasivo e ao confinamento nas casas.