Catálogo

Amosando 97 - 108 de 655

O contido vai dirixido a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo da VIH-sida e trata o tema das novas infeccións da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual, de maneira que se informe sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera dende a perspectiva de infección e non de enfermidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas, ás prácticas de risco e á distribución temporo-espacial.

Este documento realiza unha análise descritiva de toda a actividade asistencial do Servizo Galego de Saúde respecto dos pacientes diagnosticados de cancro, tanto adultos como pediátricos, así como os resultados das actuacións e dos programas de saúde pública no ámbito da promoción da saúde e da prevención do cancro. Os anos analizados son catro, desde o ano 2016 ata o ano 2020.

O presente documento intégrase dentro dunha colección de protocolos que corresponden coa adaptación ao contexto do Servizo Galego de Saúde das sucesivas guías publicadas no Boletín Oficial del Estado (BOE), para a indicación, o uso e a autorización da dispensación de medicamentos suxeitos á prescrición médica por parte das/dos enfermeiras/os no ámbito das queimaduras.
Este protocolo está acorde coas estratexias e liñas de acción promovidas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria e está coordinado desde o Servizo de Integración Asistencial da Subdirección Xeral de Xestión Asistencial e Innovación.

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Lingua/s
Galego

A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro (LORPM) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras e establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseado no superior interese da persoa menor, perseguen a integración e a reinserción social dos menores que delinquen. Esta memoria recolle os datos estatísticos de execución relativos ao ano 2022 e preséntase dividida en catro bloques: medidas notificadas, medidas en execución, medidas pendentes de execución e datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas.

Memoria de responsabilidade social corporativa correspondente ao ano 2019.
Inclúe os seguintes apartados: fitos, o 061 de Galicia, cidadanía, profesionais, servizos, indicadores, innovación, economía e finanzas e como contactar.

Autor/a
Subdirección Xeral de Xestión Asistencial e Innovación
Lingua/s
Galego

O catálogo ten por obxectivo dar a coñecer os produtos licitados no concurso de compra pública (SI-SER1-21-015) dirixido á subministración sucesiva de material sanitario destinado á prevención, á limpeza e ao tratamento das feridas, baseado na cura en ambiente húmido e con destino as áreas sanitarias do Sergas.
Enmárcase dentro das producións científicas publicadas polo Programa úlceras fóra e é un contido básico para posteriores actividades formativas en materia de prevención e tratamento de feridas.

Cartel anunciando a convocatoria do V Concurso de Carteis dirixido a rapaces e rapazas do curso escolar 2022/23, que ten como tema a doazón e os transplantes. A finalidade é achegar esta realidade á poboación escolar da nosa comunidade autónoma, de modo que os máis novos sexan capaces de valorar os beneficios que o fomento da doazón ten para a cidadanía.

Amplo e pormenorizado documento bilingüe no cal se define paso a paso o proceso que debe seguir o diagnóstico, tratamento e seguimento de todos os doentes con sospeita de fibrilación auricular na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. Froito do consenso entre profesionais de diferentes especialidades: cardioloxía, medicina interna, neuroloxía, urxencias, medicina de familia, farmacia e hematoloxía, o obxectivo é introducir vías, con circuítos e actividades definidos, polas que o proceso discorra de xeito fluído. A fibrilación auricular constitúe o terceiro motivo de consulta cardiovascular da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. É tamén un importante motivo de demanda asistencial no Servizo de Urxencias de Santiago de Compostela.