Folletos divulgativos para pacientes con cancro de mama e os seus familiares, divididos en tres fascículos dependendo da fase da emfermidade (prevención, diagnóstico e tratamento e seguimento)
Folletos divulgativos para pacientes con cancro de mama e os seus familiares, divididos en tres fascículos dependendo da fase da emfermidade (prevención, diagnóstico e tratamento e seguimento)
Algoritmos de decisión diagnóstico-terapéutica para os profesionais do Servizo Galego de Saúde que atenden a pacientes con cancro de mama.
Publicación que recolle a actividade do ano 2010 da Oficina de Coordinación de Transplantes e dos tecidos galegos referida á doazón e transplante tanto de órganos como de tecidos. Tamén se recollen os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos así como os establecementos de tecidos. En canto áoficina descríbense as actividades desenvolvidas pola memsma, así como os obxectivs para o vindeiro ano
Instrucón que reflicte os obxectivos a acadar na campaña 2012, así como os aspectos técnicos relacionados coas vacinas antigripal e antipneumocócica que se van utilizar. Recolle tamén aspectos relacionados coa xestión da campaña desde a petición, distribución e rexistro das doses utilizadas na campaña. Vai dirixida a todos os profesionais sanitarios dos puntos de vacinación (públicos e privados) que participan nesta campaña antigripal e antipneumocócica 2012
Publicación en galego, para colgar, en formato PDF, na web da Consellería de Sanidade. Vai dirixida a técnicos e ONG que traballan no campo do VIH-sida, sobre as novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana. De maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando a problemática considérase desde a perspectiva da infección e non da enfermidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia, tanto no que se refire ás persoas afectadas, prácticas de risco e distribución temporoespacial.
Informe que se elaboru como resposta ante a necesidade, na nosa comunidade, de tomar decisións e adoptar medidas de contención sobre o gasto farmacéutico e co fin de orientar con equidade a xestión dos recursos sanitarios, Polo miúdo sinálanse as cuestións éticas consideradas que permitiron establecer conclusións e elaborar recomendacións.
Memoria de actividade da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galica-061 na que se recollen os seguintes apartados, limiar, identificación do centro, contorno, estrutura e organización, recursos globais, actividade global, centro de formación en medicina de urxencias, emerxencias e catástrofes de Galicia, área de calidade, gabinete de prensa, servizo de tecnoloxíab e sistemas da información e servizo de atención ao usuario
Actualización e revisión dos aspectos fundamentareis lacionados coa conservación de vacinas e o seu manexo, derivados dos cambios realizados nos últimos anos no sistema de distribución de vacinas na nosa comunidade. Vai dirixida a todos os profesionais que manexan este tipo de produtos inmunobiolóxicos e abrangue temas como a recepción e almacenamiento das vacinas, a xestión das interrupcións da cadea de frío, o rexistro das temperaturas das neveiras dos puntos de vacinación ou o manexo dos residuos vacinais
Informe, estudo exploratorio da trata de persoas en Galicia, elaborado no marco do Proxecto Internacional "Itineris", no que participa a Xunta de Galicia, xunto cos gobernos de Portugal e Brasil, e o ICMP como xefe de filas.
Guía informativa para as persoas voluntarias que desenvolven a súa labor no ámbito da violencia de xénero.
Con esta guía, a Dirección Xeral de Familia e Inclusión pretende axudar as persoas que se dirixen á adopción internacional a coñecer e comprender cal é o papel destas entidades no proceso de intermediación: que condicións deben cumprir e cales son as súas funcións, obrigas e dereitos co fin de ofrecer información a todas as persoas interesadas en emprender un proceso de adopción.
Publicación do equipo de Inclusión de Teixeiro destinada á distribución no propio centro penitenciario, entre participantes e potenciais participantes no II Plan Galego de Inclusión Social.