Catálogo

Amosando 577 - 588 de 655

A avaliación constitúe unha ferramenta esencial para a promoción de intervencións preventivas baseadas en evidencias. No ámbito de prevención, a avaliación permite comprobar a efectividade dosprogramas nos grupos destinatarios e o grao de cumprimento dos obxectivos propostos, en suma, a avaliación permite coñecer os resultados obtidos coa aplicación dos programas para melloralos, ou cesar su aplicación. Por iso, o obxectivo básico do presente documento é facilitar ó máximo a avaliación do conxunto de programas, por iso seleccionáronse neste manual unha serie de instrumentos de referencia cos cales cubrirase o proceso de recollida da información necesaria para completar a avaliación do proceso e os resultados, adaptados á metodoloxía, obxectivos e contidos de cada programa. A selección dos instrumentos de avaliación que se incorporan a cada un dos programas preventivos estivo determinada por dous criterios, a sencillez e validez dos instrumentos procurando o uso de ferramentas estandarizadas, e a súa completitude dos ámbitos de análise. Existen dispoñibles instrumentos de avaliación (escalas, cuestionarios, etc) cos que están xa familiarizados os técnicos de prevención, ou que son de uso xeral entre os profesionais do sector, polo que optouse pola súa inclusión neste manual, declinando o uso de instrumentos más complexos, específicos ou con maior potencia descritiva

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 edita a súa memoria de actividade do ano 2010, na que se inclúen os seguintes apartados, limiar, identificación do centro, contorno, estrutura e organización, recursos globais, actividade global, centro de formación en medicina de urxencias, emerxencias e catástrofes de Galicia, área de calidade, gabinete de prensa, sericio de tecnoloxía e sistemas de información e servizo de atención ao ¡usuario

Boletín no que se presenta o medicamento PRASUGREL, novo axente antiplaquetario indicado xunto co ácido acetilsalicílico na prevención de eventos aterotrombóticos en pacientes con síndrome coronario agudo, sometidos a intervención coronaria percutánea e centrándose na análise de eficacia e seguridade

O documento recolle a análixe da situación actual da organización, realizado nos meses de novembro e decembro de 2010, así como os novos retos, liñas estratéxicas, boas prácticas e obxectivos estratéxicos identificados, que deben permitir o aliñamento da toma de decisións e da xestión da actividade desenvolvida, coa misión e visión definidas. No seu despregue, terán unha iimportancia crítica os 25 proxectos ou de mellora da xestión que foron seleccionados, coa súa orde de prioridade, que representan unha equilibrada carga de traballo para o conxunto dos equipos de traballo da Dirección Xeral. Recóllese ademais no seu Anexo 4, unha síntese dos obexctivos e actividades correspondentes aos principais programas de saúde pública. En posteriores anexos, recolleranse as avaliacións e revisións anuais das estratexias organizativas, durante os próximos anos.

Documento dirixido á muller embarazada, para ser ofertado polos profesionais que atenden á muller durante o embarazo e que permite a esta e á súa parella, manifestar por escrito os seus desexos, necesidades, preferencias e expectativas en relación ao seu parto e nacemento do seu bebé. Tamén facilita a relación de confianza e comunicación entre as usuarias e os provedores de coidados durante o embarazo e o parto, e á vez, promove e facilita a toma de decisións informadas por parte da muller embarazada. Por último, este documento responde á demanda tanto de profesionais como de usuarias e contribúe a cumprir as expectativas de cada muller, sentirse implicada, poder decidir e manter o control sobre o proceso do parto, factores que se relacionan coa satisfacción xeral da muller.

O Plan Marco de Atención Sociosanitaria de Galicia 2013, recolle as liñas estratéxicas de asistencia sanitaria nos próximos catro anos, o que permitirá planificar e organizar os recursos existentes e as posibles actuacións conxuntas cos servizos sociais.

A memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente a o ano 2012 recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e transplantes tanto de órganos como de tecidos. Tamén recollemos os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos. En canto á oficina, descríbense as actividades desenvolvidas póla mesma así como os obxectivos para o vindeiro ano.

O documento e a actualización doutro anterior publicado no ano 2008 no que se recollen recomendacións para o diagnóstico e tratamento dos pacientes con hepatite C. Os cambios nas pautas terapéuticas, coa aparición de novos medicamentos, é o que xustifica esta actualización.

En abril de 2013, o Parlamento de Galicia instou a Xunta, a que "se elabore e poña en marcha un plan de loita contra a obesidade infantil, aliñado coa estratexia da Organización Mundial da Saúde, a Unión Europea e o Goberno do Estado que, liderado pola Consellería de Sanidade e coa colaboración de todos os departamentos da Xunta que sexa preciso, permita garantir o mellor nivel de saúde presente e futura dos nosos nenos e nenas. A resposta dada pla Consellería foi a elaboración do Plan de prevención da obesidade infantil, que denominamos "Plan Xermola" e que concrétase en 13 liñas de acción e 34 intervencións agrupadas en cinco estratexias, que cobren, desde o principio da multisectorialidade, practicamente todos aqueles aspectos que poden influir na loita contra a obesidade infantil.