Publicación que recolle os casos de tuberculose de Galicia, dos anos 2007e 2008 e a súa evolución no período 1996-2008
Publicación que recolle os casos de tuberculose de Galicia, dos anos 2007e 2008 e a súa evolución no período 1996-2008
Informe que describe o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama,obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, sistema de información, estrutura asistencial, programa de garantía de calidade e os principais resultados e indicadores do período 1992-2008.
Publicación coa planificación docente do Servicio Galego de Saúde para o ano 2010.
Documento que recolle a actividade da Fundación Escola Galega Galega de Administración Sanitaria no ano 2009.
Proceso no que se define a actuación asistencial que deben levar a cabo os profesionais sanitarios da área de referencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago ante un paciente con insuficiencia cardíaca. No texto especifícase a importancia dunha atención rápida e eficar e determina paso a paso o labor de cada un dos profesionais no seu posto de traballo, Atención primaria, urxencias, Servizo de Cardioloxía, admisión.
O informe describe o Programa galego de detección precoz do cancro de mama, obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, sistema de información, estrutura asistencial, programa de garantía de calidade e os principais resultados e indicadores do período 1992-2010.
Guía práctica para unificar e protocolizar o tratamento ós pacientes con dor e os fármacos a aplicar en cada unha das situacións posibles. Cada un dos 25 autores, persoal sanitario e non sanitario do centro de diferentes servizos, como dixestivo, urxencias, oncoloxía… abordaron a encomenda da Comisión de Dor do CHUS e analizan os tratamentos máis efectivos e as circunstancias posibles nas distintas abordaxes ós pacientes condor dentro do ámbito hospitalario.
Resumo da actividade global e descripción detallada da actividade realizada polos distintos servizaos da Área Sanitaria de Ferrol ao longo do ano 2010, tanto no hospital como nos centros de saúde.
Documento no que se describe o traballo de estudo, análise e consenso dos profesionais implicados na elaboración do Proceso Asistencial de Cardiopatía Isquémica Crónica nos doentes da área sanitaria de Santiago. O grupo de traballo estivo conformado por especialistas en cardioloxía, medicina familiar e enfermería, Trala análise da situación actual, o grupo de traballo explica os principais obxectivos e motivacións para a instauración do proceso para expor despois os principais criterios consensuados de inclusión, tratamento, e derivación dos doentes con cardiopatía isquémica crónica. Tamén inclúe e aesplicación do programa educativo específico para doentes coronarios.
Informe anual descriptivo das características dos casos de tuberculose rexistrados en Galicia no ano 2010, facendo tamén referencia á evolución desde o ano 1996 (1º ano avaliado desde a posta en marcha do Programa Galego de Prevención e Control da Tuberculose).
Memoria da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS) que recolle as estatísticas, así coma as diferentes actividades e colaboracións desenvolvidas pola escola, no período correspondente ao ano 2010
A avaliación constitúe unha ferramenta esencial para a promoción de intervencións preventivas baseadas en evidencias. No ámbito de prevención, a avaliación permite comprobar a efectividade dosprogramas nos grupos destinatarios e o grao de cumprimento dos obxectivos propostos, en suma, a avaliación permite coñecer os resultados obtidos coa aplicación dos programas para melloralos, ou cesar su aplicación. Por iso, o obxectivo básico do presente documento é facilitar ó máximo a avaliación do conxunto de programas, por iso seleccionáronse neste manual unha serie de instrumentos de referencia cos cales cubrirase o proceso de recollida da información necesaria para completar a avaliación do proceso e os resultados, adaptados á metodoloxía, obxectivos e contidos de cada programa. A selección dos instrumentos de avaliación que se incorporan a cada un dos programas preventivos estivo determinada por dous criterios, a sencillez e validez dos instrumentos procurando o uso de ferramentas estandarizadas, e a súa completitude dos ámbitos de análise. Existen dispoñibles instrumentos de avaliación (escalas, cuestionarios, etc) cos que están xa familiarizados os técnicos de prevención, ou que son de uso xeral entre os profesionais do sector, polo que optouse pola súa inclusión neste manual, declinando o uso de instrumentos más complexos, específicos ou con maior potencia descritiva