Catálogo

Amosando 541 - 552 de 655

Dentro da Estratexia Galega contra o Cancro estánse a publicar os procesos e os itinerarios asistenciais para os cancros máis frecuentes en Galicia. Neles se definen as distintas alternativas diagnóstico-terapéuticas para este tipo de pacientes coa finalidade de diminuir a variabilidade da práctica clínica entre os diferentes centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde, garantindo así a equidade.

O Programa de vixilancia sanitaria de zonas de baño realizase na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidad y Consumo, desde o ano 1988. Esta publicación recolle os resultados obtidos en cada temporada de baño, tras realizar os controis oportunos. Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real Decreto 1341/2007, de 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das zonas de baño de Galicia. Pódese consultar no seguinte enderezo, http,//sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=62701

Trátase dunha publicación que pretende inducir á reflexión aos profesionais que traballan na contorna da Atención Primaria (AP) sobre o que se pode e se debe facer desde as consultas dos centros de saúde en relación cos problemas derivados do consumo de drogas. Tamén se pretende dar unha claves para a adecuada intervención neses problemas e suxerir como afondar nun estudo máis amplo.

Este manual realízase para facilitar aos inspectores de saúde pública unha ferramenta resumida, manexable e transportable de consulta para a súa labor cotiá dentro do programa de prevención e control da lexionelose, estrutúrase en doce capítulos, dende nocións básicas de epidemioloxía, tratamento de auga, normativa e guías técnicas e os programas de mantemento hixiénico sanitario e a avaliación de riscos das instalacións, descrición detallada das diversas instalacións que teñen risco de propagar a lexionelose, seguindo cunha visión dos aspects procedementais da función inspectora, unha referencia á toma e ao análise de mostras e a investigación dos casos illados e abrchos, para concluir cun caso práctico e modelos de actuación na acción inspectora..

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia -061 edita a súa memoria de actividade do ano 2009, na que se inclúen os seguintes apartados, limiar, identificación do centro, contorno, estrutura e organización, recursos globais, actividade global, centro de formación en medicina de urxencias, emerxencias e catástrofes de Galicia, área de calidade, gabinete de prensa, servizo de tecnoloxía e sistemas da información e servizo de atención ao usuario.