Nesta instrucción recóllese a información técnica sobre as vacinas antigripais e antipneumocócia, así como os procedementos relativos á xestión da campaña.
Nesta instrucción recóllese a información técnica sobre as vacinas antigripais e antipneumocócia, así como os procedementos relativos á xestión da campaña.
O informe describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal, obxectivo xeral, obxectivos específicos, población obxectivo, proba de cribado, estrutura organizativa e procedementos. Así como os resultados do mesmo no período 2002-2010.
O informe describe o Programa galego paraa detección precoz de enfermidades endócrinas e metabólicas en período neonatal, obxectivos, características do programa, estrutura organizativa e sistemas de información e indicadores. Así como os resultados do mesmo período 1995-2010.
O plan de prioridades sanitarias 2011-2014 é un documento estratéxico da Consellería de Sanidade que presenta cales son as accións de mellora sobre cada un dos problemas sanitarios priorizados para o periodo 2011-2014 e a metodoloxía que se utilizou para seleccionalas.
Publicación electrónica que reflicte a actividade desenvolvida así como os recursos dispoñibles no Sistema Público de Saúde de Galicia, ao longo do ano 2009.
O obxectivo desta publicación é avaliar a bioompedandicia vectorial (BIVA) como método de análise da composición corporal e de obtención de datos do estado de hidratación e nutrición do doente con insuficiencia renal crónica.
Manual do paciente anticoagulante, pautas, xeralidades, complicacións, recomendacións, alimentación, procedementos, embarazo, fármacos que interfiren e puntos a destacar en relación coa terapia anticoagulante.
Debido ao auxe experimentado polas pragas de chinches durante os últimos tempos, pola mobilidade das persoas e o comercio de roupa e mobles usados, sobre todo en albergues das rutas xacobeas, foi necesario, foi necesario facer unha folla de información para que a poboación, coñeza a súa bioloxía, onde se atopan, que dano poden facer, e sobre todo as medidas que débense de tomar para evitalos.
Debido á incorporación de novos profesionais na Área Sanitaria de A Coruña por mor da resolución do concurso de traslados e da oferta de emprego público que se esta a desenvolver na actualidade, esta Xerencia de Atención Primaria elaborou un manual/guía de acollida con fin de proporcionarlle a estes novos profesionais, algún deles de fora da nosa Comunidade Autónoma, unha visión global da nosa organización, así como unha orientación e información básica que facilite a súa labor nos Centros Asistenciais do ámbito desta Xerencia e a súa integración neste novo entorno
O informe describe o Programa galego para a detección precoz de enfermidades endócrinas e metabólicas en período neonatal, obxectivos, características do programa, estructura organizativa e sistemas de información e indicadores. Así como os resultados do mesmo no período 1995-2009.
O informe describe o Programa de detección do cancro de mama, obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, sistema de información, estrutura asistencial, programa de garantía de calidade e os principais resultados e indicadores do período 1992-2009
O informe describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal, obxectivo xeral, obxectivos específicos, población obxectivo, proba de cribado, estructura organizativa e procedementos. Así como os resultados do mesmo no período 2002-2009.