Catálogo

Amosando 25 - 36 de 655
0,00 €

Este protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTIfóbicas nos eventos e espazos festivos establece unha serie de pautas preventivas e de actuación para cando se produza algún tipo de violencia contra as mulleres ou as persoas LGBTI en espectáculos musicais, en actividades culturais e sociais desenvolvidas ao aire libre e en festas e verbenas populares.
Inclúe unha serie de recomendacións de actuación para todas as persoas que interveñen na organización e no desenvolvemento das indicadas actividades, ás cales tamén se lles facilitan materiais de información e sensibilización sobre o rexeitamento das condutas machistas, recollidos nos anexos do protocolo.

Documento que actualiza a Guía técnica de abordaxe das disfuncións do solo pelviano feminino (2016) e que ten como obxectivos unificar os criterios de actuación das/dos profesionais de atención primaria implicados na atención, promoción e recuperación da funcionalidade do solo pelviano femenino, así como homoxeneizar a implantación do programa en todo o territorio de Galicia.

O coidado das persoas trans require un enfoque multidisciplinar e proactivo que aborde os tres niveis de prevención sanitaria e xere un clima de confort dende o primeiro contacto. É fundamental contar con procedementos claros e estruturados que garantan unha atención individualizada, de calidade, que atenda as demandas deste colectivo de pacientes. As recomendacións contidas neste documento teñen como finalidade proporcionar pautas para un enfoque integral e estandarizado de pacientes trans na contorna da Atención Primaria.

19,00 €
Entidade
Arquivo de Galicia
Lingua/s
Galego

Mentes no labirinto. Saúde mental, cultura e inclusión é o título do catálogo da exposición organizada polo Arquivo de Galicia para conmemorar o Día Internacional dos Arquivos no espazo destinado ás exposicións no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, e estivo aberta desde o día 7 de xuño ao 18 de outubro de 2024.
Con este catálogo, que incorpora ademais dous artigos de profesionais vinculados ao Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Ourense. Hospital de Piñor, o Arquivo de Galicia pretende dar unha maior difusión a unha actividade que invita a reflexionar sobre a propia identidade persoal e colectiva a través dos documentos e obxectos procedentes de importantes centros de atención psiquiátrica na nosa Comunidade desde finais do século XIX, e sobre como a cultura, a través das súas manifestacións artísticas, constitúe unha potente ferramenta para garantir o desenvolvemento das persoas.

A Sociedade de Cirurxía de Galicia e o Grupo Galego de Coloproctoloxía, conscientes do incremento do cancro de recto na nosa Comunidade e do cambio porcentual progresivo na incidencia desta enfermidade en pacientes mozos, celebraron unha reunión de consenso co fin de mellorar a calidade das prestacións que as unidades de Coloproctoloxía da nosa Comunidade deben achegar aos cidadáns e de elaborar unhas guías con pautas consensuadas sobre o tratamento cirúrxico do cancro de recto que lles sirvan aos cirurxiáns para unha mellor toma de decisións.
As recomendacións plasmadas nesta guía deben ser interpretadas no contexto dun traballo multidisciplinar e representan fundamentalmente a parte cirúrxica.

Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude. Preténdese que aprendan a se coñecer, a se aceptar e a vivir a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio, e contribuír, deste xeito, ao seu pleno desenvolvemento persoal e social.

O presente documento intégrase dentro dunha colección de protocolos que se corresponden coa adaptación ao contexto do Servizo Galego de Saúde das sucesivas guías publicadas no Boletín Oficial del Estado (BOE) para a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos suxeitos á prescrición médica por parte das/dos enfermeiras/os no ámbito da febre.
Este protocolo está acorde coas estratexias e liñas de acción promovidas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria e está coordinado desde o Servizo de Integración Asistencial da Subdirección Xeral de Xestión Asistencial e Innovación.

O boletín ten catro apartados:
1º exponse un caso clínico: home que presenta dependencia ao uso do fentanilo e o seu proceso de
recuperación. Caso notificado ao Centro de Farmacovixilancia de Galicia. Así como, os casos notificados en
FEDRA (Farmacovixilancia Española Datos das Sospeitas das Reaccións Adversas) relacionados co fentanilo e a
dependencia.
2º. Resumo dás sospeitas de notificacións de reaccións adversas en Galicia no ano 2023.
3º. Resumo dás cartas de seguridade enviadas aos sanitarios entre xaneiro e maio do 2024.
4º. Información dás XIII xornadas de farmacovixilancia, Oviedo 2024. Inscripción, temas a tratar con idea de
publicitar dita información e que favorezca a participación dos sanitarios dende Galicia.