Resumo da actividade asistencial, administrativa, docente e investigadora, así como a súa estrutura.
Resumo da actividade asistencial, administrativa, docente e investigadora, así como a súa estrutura.
As enfermidades cardiovasculares constitúen a primeira causa de morte en Occidente e son responsables de catro millóns de mortes ao ano en Europa. O presente proceso asistencial ten como obxectivo reducir o impacto da cardiopatía isquémica. Este documento debuxa por primeira vez de forma integral o proceso asistencial da cardiopatía isquémica, desde a prevención primaria; o estudo da dor torácica, a síndrome coronaria aguda, os programas de rehabilitación cardíaca e prevención secundaria e a síndrome coronaria crónica. En cada unha das fases do proceso introdúcese a secuencia de actividades, as probas complementarias e os tratamentos, de xeito que facilite a consulta rápida e a actualización do coñecemento.
As técnicas de imaxe cardíaca (Timaxc) experimentaron un grande avance nas últimas décadas. O seu uso no proceso diagnóstico e na toma de decisións terapéuticas con relación ás diferentes patoloxías cardiovasculares creceu de forma exponencial e leva, en ocasións, a un abuso con relación á súa indicación. Co fin de tentar organizar a utilización das Timaxc, as sociedades científicas elaboraron recomendacións de uso apropiado destas. Ademais, nas guías de práctica clínica (GPC) de cada patoloxía recóllese un apartado con relación ao diagnóstico e indícase que técnica se debe de utilizar en cada momento do proceso asistencial e a periodicidade do seu uso. O anteriormente mencionado, unido á tendencia para facer unha medicina defensiva e á crenza de que con máis probas de imaxe se consegue un mellor diagnóstico e tratamento do paciente, fai que sexa imprescindible organizar o uso das Timaxc en cada centro evitando un aumento progresivo do gasto, que pode facer insustentable un sistema sanitario.
Informar á poboación dos resultados do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia, no ano 2023.
A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro (LORPM) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras e establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseado no superior interese da persoa menor, perseguen a integración e a reinserción social dos menores que delinquen. Esta memoria recolle os datos estatísticos de execución relativos ao ano 2023 e preséntase dividida en catro bloques: medidas notificadas, medidas en execución, medidas pendentes de execución e datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas.
Documento que ten como obxectivo homoxeneizar, en todos os hospitais do Servizo Galego de Saúde, para aquelas mulleres que así o deciden:
-o acompañamento da muller pola persoa de confianza que ela decida, durante o nacemento por cesárea.
-o contacto pel con pel precoz e ininterrompido nai-neno/a recentemente nado/a tras a cesárea, tanto en quirófano como durante a recuperación posterior á cesárea, antes do seu traslado conxunto á planta de hospitalización.
Obxetivo: dar a coñecer o procedimento da notificación espontánea e difundir distintas novidades en temas de seguridade.
Título: A notificación espontánea. Novas de seguridade. índice: 1. A notificación espontánea. Outro xeito de salvar vidas 1.1 Proceso de notificación espontánea 1.2 Que é un sinal de alerta? 2. Topiramato. Riscos asociados ao embarazo 3. Ésteres de omega 3 e fibrilación auricular 4. Sinal con relación a un erro de medicación. Bisolvon compositum 5. Cambios na ficha técnica por sinais avaliados no PRAC.
A Estratexia galega de seguridade e calidade asistencial foi definida por máis de 85 profesionais do ámbito, consta de 10 liñas estratéxicas coas súas accións, obxectivos e indicadores para mellorar a seguridade do paciente en todos os centros sanitarios do sistema público de Galicia.
Programa da II Xornada Galega de Saúde Pública, organizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública a través da Escola Galega de Saúde Pública (EGSP), e dirixida principalmente aos profesionais da Dirección Xeral de Saúde Pública e do Servizo Galego de Saude. Trátase dun evento dedicado a dar a coñecer o traballo nos diferentes ámbitos da promoción, prevención e investigación da saúde pública, así como dar a coñecer o proxectos e a visión cara ao futuro.
A prevalencia e a evolución da diabetes melitus tipo 2, os cambios no seu manexo e o avance no coñecemento científico, entre outros aspectos, fixeron necesaria a actualización do Proceso asistencial integrado de diabetes mellitus tipo 2 do Servizo Galego de Saúde, publicado no ano 2015.
O obxectivo desta versión actualizada é orientar as actuacións dos e das profesionais no diagnóstico, o tratamento e o seguimento das persoas con diabetes mellitus tipo 2, co fin de mellorar a súa calidade de vida e reducir a morbimortalidade asociada, a través da diminución da variabilidade asistencial e baixo criterios de calidade e eficiencia.
A prevalencia e a evolución da diabetes melitus tipo 2, os cambios no seu manexo e o avance no coñecemento científico, entre outros aspectos, fixeron necesaria a actualización do Proceso asistencial integrado de diabetes mellitus tipo 2 do Servizo Galego de Saúde, publicado no ano 2015.
O obxectivo desta versión actualizada é orientar as actuacións dos e das profesionais no diagnóstico, o tratamento e o seguimento das persoas con diabetes mellitus tipo 2, co fin de mellorar a súa calidade de vida e reducir a morbimortalidade asociada, a través da diminución da variabilidade asistencial e baixo criterios de calidade e eficiencia.
O Déficit de Alfa-1 Antitripsina (DAAT) é unha alteración xenética identificada como o trastorno hereditario máis frecuente en adultos, caracterizada por niveis reducidos de alfa-1 antitripsina circulante, que predispón á afectación pulmonar, hepática e máis raramente cutánea e/ou circulatoria sistémica. A atención dunha persoa con DAAT é complexa, con distintas necesidades identificadas e moitos retos aínda por diante. Por tal motivo, proponse a elaboración deste documento, para que sexa de axuda na toma de decisións a calquera dos médicos implicados, desde o seu diagnóstico ata o seu seguimento, cunha perspectiva integral entre os servizos de pneumoloxía, AP, enfermería, farmacia hospitalaria (FH), incluíndo taména visión do paciente.