Catálogo

Amosando 97 - 108 de 375

Estudo do mercado laboral de Galicia elaborado polo Observatorio das Ocupacións, servizo do Instituto Galego das Cualificacións, que pretende servir de instrumento eficaz dirixido ao servizo público de emprego e ás institucións e profesionais que desenvolven as súas actividades no ámbito laboral da orientación e a formación profesional, co fin de que teñan un coñecemento pormenorizado sobre a estrutura do mercado laboral da comunidade autónoma; para este obxectivo, fornece información detallada das principais variables que determinan e condicionan o funcionamento do mercado galego.

Monografía dedicada á estatística descritiva da sinistralidade laboral en Galicia correspondente ao ano 2015, de acordo co tratamento estatístico dos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais, notificados á autoridade laboral de Galicia e tramitados e procesados polo ISSGA, como órgano técnico en prevención de riscos laborais.

Revista de periodicidade anual que ten como obxectivo dotar o sector artesanal galego dunha canle de comunicación tanto interna -onde se dan a coñecer o traballo dos nosos artesáns e maís liñas de actuación da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e da Dirección Xeral de Comercio-, coma externa, de cara a outros sectores de interese para a artesanía, como o turismo, a arquitectura, o deseño ou a formación.

O informe "Inserción laboral da formación para o emprego" mide os efectos das políticas formativas dende unha perspectiva do mercado de traballo. É dicir, coñecer o alcance e adecuación da oferta formativa respecto aos requirimentos da actividade económica galega.