Resumo gráfico dos efectos do porco celta sobre as árbores do ensaio para medir o dano e avaliar a resistencia destas árbores ao dano.
Resumo gráfico dos efectos do porco celta sobre as árbores do ensaio para medir o dano e avaliar a resistencia destas árbores ao dano.
Esta nova monografía de datos forestais estatísticos ten unha relevancia equiparable á presentada o ano anterior, pola importancia que leva consigo a continuidade na actualización, ampliación e incorporación de series históricas dos ditos datos.
Este anuario de estatística forestal, cos datos e series históricas ata o ano 2018, é o primeiro compendio publicado en Galicia que contén exclusivamente datos estatísticos forestais.
Tríptico informativo dos ensaios silvícolas de piñeiro levados a cabo no Centro de Investigación Forestal de Lourizán para conseguir incrementar a cantidade e a calidade dos produtos forestais galegos.
Resumo do programa de mellora silvícola para o desenvolvemento dunha silvicultura avanzada e específica para o piñeiro do país mellorado.
Folla divulgadora sobre a avespa do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus), considerada a principal praga do castiñeiro europeo.
Esta obra presenta todos os elementos químicos coñecidos na actualidade e describe a historia do seu descubrimento, así como as súas características, comportamento, utilidade e perigosidade. Destínase ao público non familiarizado coa química, xa que ofrece unha visión lúdica do sistema periódico ao tempo que reivindica a importancia social e industrial de cada un dos elementos.
Resultados dos ensaios do Centro de Investigación Forestal de Lourizán para determinar as posibilidades do aproveitamento resineiro en Galicia para a especie Pinus pinaster Ait.
Esta guía pretende ser unha axuda á debida planificación da piscicultura mariña e unha ferramenta para que esta actividade poida ser sustentable co medio ambiente minimizando as posibles perturbacións. Para isto subminístranse criterios que poidan ser utilizados de modo obxectivo no momento de avaliar a elección do sitio dun cultivo actual ou futuro. O obxecto é conservar a uniformidade demandada na adaptación do Plan de Vixilancia Ambiental ministerial á realidade galega.
Tríptico informativo sobre as liñas de conservación, selección e mellora xenética das principais especies de cerdeiras para uso forestal.
Publicación electrónica en liña que se insire dentro do proxecto de obradoiros itinerantes e excursións para o fomento de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades escolares.
Atlas concibido como unha guía para a identificación de parasitos e alteracións patolóxicas durante a observación co microscopio óptico de preparacións histolóxicas. Está estruturado en capítulos que conteñen unha breve introducion e microfotografías dos organismos simbiontes ou alteracións patolóxicas obxecto de cada capitulo . Os tres primeiros capítulos inclúen Procariotas, Protozoos e Metazoos. No cuarto capítulo integráronse outros axentes patóxenos que non pertencen a eses tres grupos, e que son minoritarios. O quinto capítulo recolle alteracións patolóxicas.