Actas do VIII Congreso de Estudos Xacobeos, celebrado en Santiago de Compostela con motivo do ano xacobeo 2010. O volume continúa a colección científica da Xunta de Galicia, interrompida dende o ano 2005.
Actas do VIII Congreso de Estudos Xacobeos, celebrado en Santiago de Compostela con motivo do ano xacobeo 2010. O volume continúa a colección científica da Xunta de Galicia, interrompida dende o ano 2005.
Libro catálogo que recolle unha serie de artigos sobre a figura de san Francisco de Asís e a tradición da súa peregrinación a Santiago de Compostela hai 800 anos. Ademais presenta o catálogo de obra da exposición do mesmo nome que se inaugurou en agosto de 2013 en Asís (pintura, ourivería, escultura, etc.).
A gaita, presente nos poetas galegos desde hai douscentos anos, non tiña unha antoloxía propiamente dita. Teñen cantando a gaita algún dos poetas máis imprtantes de Galicia: Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, García Lorca e Celso Emilio Ferreiro. Mesmo hai dous poemas excelsos, Escolma de poemas dende 1853 ata 2012.
Guía visual do Museo Massó. Faise un percorrido pola exposición permanente do museo con textos breves e profusión de imaxes das pezas da colección, en cor, con textos ao pé da imaxe.
Extensa e representativa mostras das imaxes inéditas dun dos fotógrafos máis laureados na historia da fotografía en Galicia.
Catálogo da exposición do pintor César Taboada A música de Epicuro, celebrada na Casa da Parra entre o 20 de novembro de 2013 e o 30 de xaneiro de 2014. Cunha evidente carga narrativa, a súa obra ofrece diversas vertentes e lecturas, que se estenden a novos espazos que o autor inventa.
Catálogo da exposición que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou no outono de 2013 dentro das actividades que desenvolveu esta institución no ano indicado.
Músico, escritor, xornalista, profesor e artista plástico: na obra de Eugenio Granell conflúen unha gran variedade de disciplinas e influencias, que fan del un creador curioso, moderno e comprometido, non só co seu país de orixe, senón tamén con aqueles lugares que o acolleron durante os seus anos de exilio. O CGAC súmase á conmemoración do primeiro centenario do nacemento deste autor heteroxéneo e multidisci`plinar cunha publicación titulada "Eugenio Granell e o cine: unha película de vinte minutos", que se centra nunha das facetas menos coñecidas do escritor.
En novembro do 2012, o Centro Galego de Arte Contemporánea inaugurou unha mostra panorámica sobre o traballo do artista Fernando Casás (gondomar, Pontevedra, 1964). Desde mediados dos anos sesenta, este artista comezou a forzar unha obra de carácter conceptual, moitas veces efémera, e centrada nas cuestións da memoria e o paso do tempo na natureza. A súa obra funcionca como metáfora da ruptura das fronteiras entre natureza e cultura. O catálogo da exposición propón un achegamento á obra de Casás desde tres perspectivas diferentes e complementarias: a do comisario da mostra, Miguel von Hafe Pérez, a do escritor, poeta e amigo do artista Xosé María Álvarez Cáccamo, e a do filósofo, tradutor e crítico brasileiro Roberto Grey.
Catálogo relativo á exposición do pintor Fernando Prieto na Casa da Parra de Santiago de Compostela, onde se pode apreciar a obra recente do autor, na que teñen cabida diversas series, que tratan sobre cuestións propias da súa pintura, de carácter realista e simbólica.
Cumprindo cun designio xa tradicional nesta institución, o de permitir o contacto con universos creativos que transformaron a nosa percepción da arte nas últimas décadas. Este volume sobre o artista italiano Gilberto Zorio é o catálogo da exposición coproducida no ano 2010 polo CGAC e o MAMbo de Boloña. Trátase dunha das publicacións máis completas editadas até agora sobre un dos nomes de referencia da "Arte Povera", cuxo universo creativo contribuíu decisivamente a transformar a nosa percepción da arte nas últimas décadas.
No longo periplo da abstración, de cuxa partida logo fará un século, é constante a súa deriva en dous sentidos opostos e complementarios: ben polo camiño que prima a expresión inmediata, espontánea e directa, ben polo que se orienta segundo o cálculo, o rigor e a norma. Nas dúas últimas décadas, pintores procedentes de tradicións nacionais moi diferentes coinciden, non obstante, nun entendemento común, que sustenta as súas prácticas nunha base racional, que non constitúe nunca un sistema impositivo e pechado, e que se abre ao impulso momentáneo e impensado do artista. O catálogo da exposición Abstración racional reúne obras de catro pintores de distintas nacionalidades que, nin constitúen grupo ou colectivo organizado, nin pretenden facelo: o norteamericano Richard Aldrich, o portugués José Loureiro e os españois Nico Munuera e Juan Uslé.